Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Canastros aqui e acola.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, October 08, 2005

Canastros aqui e acola.

Con canastros quero dicir horreos. E o nome mais extendido polo Porrinho adiante e mais zonas. Tamen esta a forma calustra pero e nunha zona mais pequena que pode ser o Val da Lourinha. As calustras acostuman ser os horreos de madeira.
Aqui nos EEUU non hai muitos, bueno, case non hai. Os poucos que hai conservanse ou restauranse pero xa non se empregan (penso). E ponho a foto dunha reconstruccion perto de onde vivo que semella unha casa dos Alpes e e facil imaxinar a Heidi asomada na fiestra.
A outra foto e dun cabazo lugues que esta en venda en EBay por 1000 euros !. Hoxe e o ultimo dia da subhasta e podes mercalo para a tua horta se queres.
E estas son as cousas que pensei para o comentario de hoxe que aqui houbo chuvia e treboada e non houbo muita interrede.
Saudos e manha habera mais.

5 Comments:

At 5:12 AM, Blogger máis alá said...

A verdade é que o canastro ese de Lugo é orixinal e moi barato. Un canastro dos de sempre, de pedra non o venden por menos de 3000€ Eso si como estea catalogado non o podes sacar do concello onde esta.

 
At 8:10 AM, Blogger acedre said...

Pois 3000 euros pareceme un regalo.
Na tempada que botei de canteiro custaba un millon de pesetas facer un de tres metros de longo por un de ancho...e xa choveu !.
A min o que me da pena e que os canastros estean a cair ou esquecidos e maltratados como o resto do patrimonio cultural. Logo pasara o tempo e botaranse de menos.
Que razon tinha o que dicia que para apreciar unha cousa ten que ter falta dela.

 
At 1:49 PM, Blogger Kiko Novoa said...

Joder, o día menos pensado aparecemos nós no carallo de Ebay ese...

 
At 3:53 PM, Blogger acedre said...

Todos temos un prezo. Que poxe por min unha boa walkiria e fagolle un prezo especial ;)

 
At 6:25 PM, Blogger hojasdehierba said...

Tes razón, acedre, meu pai sempre lles chama canastros... ainda que a min, que fun criada no Salnés, tírame máis "piorno"...
Saúdos.

 

Post a Comment

<< Home