Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cancion para inmigrantes

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, October 28, 2005

Cancion para inmigrantes


Co este sinal avisan as autoridades aos conductores de que hai inmigrantes cruzando a estrada na fronteira dos EEUU con Mexico.
Esta manha oin unha cancion na radio de Los Tigres del Norte que se titula Jose Perez Leon e trata dun mexicano que quixo entrar de "mollado" nos EEUU e morre cando queda sen aire el e mailos companheiros no camion que os levaban. Impresionoume muito e non podo evitar falar diso.

E para que non sexa triste o meu comentario de hoxe ponho aqui unha noticia que tamen comentaron na radio dun preso que dmanda a Deus por non levalo polo bo caminho. O que non ten escusa e que non quere.

E agora a durmir que son horas e tenho que madrugar.

2 Comments:

At 9:47 PM, Blogger Paco Penas said...

Estou baixando José Perez Leon e outras cousas do tigres do norte. Pódeme sempre a curiosidade, xa che contarei. A segunda nova é boísima, anque coido que non van ir a xuicio...jeje
Eu tamén vou a descansar, son as 5:45 e mañá toca traballar.

 
At 2:47 PM, Blogger acedre said...

A musica que ponhen na radio mexicana e simpatica. Hai unha cancion dun home que monta nun taxi e quere ir a casa da noiva e resulta que xa lla bimbiara o taxista pero vaille por o nome do cliente ao primeiro fillo que tenha coa ex-noiva do cliente.
Non sei o nome do grupo e tenho que fixarme outra vez que a ponhan.

O do xuizo contra Deus e unha nova que ven de Romania e o caso non vai adiante pola incomparecencia do acusado.
Casos asi medios parvechos hai nos EEUU para encher enciclopedias pero este caso en concreto deuse en Romania.
Houbo un que me chistou un cacho. Aqui case todolos modelos de coches e furgons tenhen "cruise control" que e un boton que pulsas para manter fixo o acelerador nunha velocidade e e mui practico cando a distancia e longa e a estrada apenas ten trafico porque o pe descansa e iso. Ao que ia, un home puxo o "cruise control" e foi a parte de atras do veiculo que era un autocaravana deses. E claro, na primeira curva o cacharro esfragouse fora da estrada e ao ghicho non se lle ocorreu outra cousa que demandar a empresa por non avisarlle de que o "cruise control" non era un piloto automatico.
Non sei como remataria o conto pero e un exemplo tipico do avivados que andan neste pais para reclamar e cobrar cartos.

 

Post a Comment

<< Home