Celebracion do cumpre de Gustavo

Hoxe celebrou Gustavo o seu cumpreanos. Convidounos a sua casa e fixo tortellini con prebe de champinhons e saiulle ben saboroso (os arxentinos saben facer pasta). Estivemos de chachara falando de todo un pouco e a filla estivo coas Barbies e saltando a comba mentres cantaba: Ice cream with cherry on the top, tell me who is your sweet heart: A, B, C... Para que vexas que hai xogos tradicionais que non se perden mesmo nesta sociedade tan "electronica".
Logo estiven coa interrede adiante e busquei ligazons a Ponte Vedra, na Florida. Non falan muito da historia e agora e un centro turistico con praia, campos de golf e hoteis. So topei esta paxina que di que ven o nome da cidade galega pero non topei mais.
E a foto e dun rueiro aqui en Warrenton con outro nome galego como o de Dena, parroquia de Salnes e que lle tinha prometido esta foto a unha amiga blogueira.
E iso e todo por hoxe. Manha habera mais.
2 Comments:
e non quererán unha rábrica papeleira mui mona da que se queren desfacer na outra pontevedra? ;)
encántame estes capítulos toponímicos. mui simpáticos.
saúdos de ultramar
This comment has been removed by a blog administrator.
Post a Comment
<< Home