Dia de la raza
Nos EEUU hoxe non e festivo e pouco se fala da celebracion de hoxe. Na radio "La ley de las Carolinas" recordou que hoxe foi o dia que Colon descubriu America e "empezou o intercambio cultural". Por suposto que o dixeron con sarcasmo. Sexa o que for a historia esta ai e este dia apareceu un novo continente para os europeos. Os primeiros en saber da volta das carabelas foi a vila de Baiona e por iso hai en Migran unha praia chamada America (o nome galego propio e Arealoura).
E mentres aqui o dia foi normalinho de todo; na Corunha estaba Sir Paco facendo das suas e digo eu que a culpa non e del senon de quen lle fai caso e parece que non son poucos.
Tamen o rei estivo en Madrid no desfile das forzas armadas e en Zaragoza son as festas da Pilarica.
Espero que todos pasarades un bo dia festivo.
Deica manha.
3 Comments:
Eu vivo a cincocentos metros de Arealoura. Véxoa desde a casa.
Xa sabia que andabas por ai.
Esa e boa zona. Eu ia antes muito a Patos pero agora puxeronse farrucos co de non levar cans e imos a outra en Bueu.
Ti non serias vecinha de Carlos Casares ou de Torrente Ballester?.
Un saudo.
Cheguei aquí cando ambos os dous xa morreran.
Post a Comment
<< Home