Furacan Wilma a vista !

Pois si. Eu estaba na bibicleta do ximnasio, lendo unha revista e mirando unha das teles cando deron as novas. Falaron dunha manifestacion de neonazis en Toledo, Ohio e logo falaron dunha tormenta tropical que se esta a formar perto de Honduras e que para o sabado ou domingo chegara aos EEUU. Os meteorologos cren que vai entrar por Florida e cren que vai ser forte. Espero que todo quede en menos grave do previsto. Despois deste furacan empezan co alfabeto grego porque o alfabeto latino xa esta copado neste ano de record de furacans. Hai que remontarse ao ano 1933 para topar tantos furacans nun ano !.
Deica manha.
2 Comments:
Pois vaites, vaites cos furacáns, tormentas tropicais e terremotos. Estache a cousa revolta. Por aquí agora está a entrar coma un furacán a psicose da gripe aviar. Entre a chegada da enfermidade letal e a falta de alimentos, isto ten pinta de acabar en guerra. De metáfora, espero.
A gripe aviar vai ser un problema gordo coma o das vacas tolas.
Espero que a falta de alimentos non sexa tan grave para acabar nunha guerra, metaforica ou non.
Saudos.
Post a Comment
<< Home