Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Homecoming e as maras.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, October 07, 2005

Homecoming e as maras.


Vaia titulo raro, eh?.Explicome. Hoxe venres era a eleccion da rainha do "homecoming" pero o dioivo que cae do ceo anulou a cerimonia.Ana e varios alumnos saen na foto disfrazados no instituto. Eu non me disfracei que non vou ao instituto para magoa do anonimo do comentario do outro dia.No choio enteireime de algo do submundo mexicano que acrara a segunda parte do titulo de hoxe. Resulta que en Revlon hai unha empresa de limpeza que carreta o lixo e xunta o carton e como non pode ser doutra maneira, a maioria dos traballadores son mexicanos sen papeis. Hai un deles (que pilota o carro de lixo co nome poetico de "El sonhador") que anda detras de Emma, a hondurenha. Ela pediume consello que non quere saber nada del porque o rapaz e "marero" e esta nunha "mara" que e unha especie de mafia ou pandilla perigosa como podes comprobar nestas duas ligazons. Eu dixenlle que non lle fixese caso e a ver se ten sorte porque o rapaz pode ser perigoso e a ver en que queda a cousa.Ao sair do choio mandei a solicitude de prorroga de permiso de traballo. Aparte do papeleo e as fotocopias mandamos duas fotos que custaron 8$ . Tamen tivemos que mandar outros 175$ nun cheque ao que hai que engadir o gasto de 5,60$ pola carta certificada. Todo suma 188,60$ so para conseguir un permiso de traballo...Vaia "gran" pais este da liberdade e demais gaitas que so cren eles ou queren crer!. Aqui non e gratis nin o aire das rodas nas gasolineiras...Aburinho.

4 Comments:

At 8:57 AM, Blogger máis alá said...

Coitadiño, hai que pagar a guerra de Irak.

 
At 10:00 AM, Blogger acedre said...

Tes muita razon.E o prezo de manter o imperio da "liberdade".

 
At 11:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Son un país deses que, se non existira, habería que inventalo, aínda que só sexa para flipar. Saúdos desde esta posición horizontal obrigatoria na que estou, e encantado de que me visitaras. Veño de colocar unha ligazón desde o meu blog ao teu, creando así un eixo Cacheiras-USA de moito carallo. Unha aperta.

 
At 8:04 PM, Blogger acedre said...

E un pais extranho, si senhor.
O malo e que un vaise afacendo e non sei se sera malo.
Saudos dende esta banda.

 

Post a Comment

<< Home