Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Horta de outono

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, October 20, 2005

Horta de outono



Por aqui segue facendo calor e temos o xardin feito unha selva que non venhen segalo. E xusto debaixo dos comedeiros dos paxaros naceunos unha hortinha coas sementes que espallan os paxarinhos ben estradas coas suas cachichas.

Agora mesmo temos un xirasol, unha pranta de calacus, millo e non sei que mais saira dai.

Para a semana que ven xa pronostican mais frio e xa morrera o xirasol. Nesta paxina (en ingles) falan dos xirasoles e mais prantas.

E o outono avanza e aqui podese saber como van as cores da follaxe no estado de Carolina movendo a folla que fai de frecha (preme no fall color view).

Na zona oeste e onde se topan os millores bosques e hai montanhas. Nos estamos no centro que e zona de semichairas co seu aquel pero sen chegar a beleza das montanhas Apalaches.

E isto e todo por hoxe. Manha pode ser que haxa algo mais.

4 Comments:

At 6:47 AM, Anonymous Anonymous said...

o mellor produto da horta de outono son os cogumelos, que hai de comezar a abroiar estes días e o mellor, non hai que facer máis que apañalos ;)

 
At 5:43 PM, Blogger Colazo said...

como mola iso de atoparse co que che sementan os páxaros, será a súa forma de darche as grazas.

saúdos

 
At 7:32 PM, Blogger acedre said...

Os cogumolos son bos...os comestibles, claro.
Coas ultimas chuvias brotaron uns cantos macrolepiota procera no cespede. Bueno, a min pareceme que son eses pero non me fio. Na terrinha sempre os busco debaixo das vinhas e tenholle botado o ollo a varias leiras que dan boa producion.
No agasallo dos paxaros non pensara eu. A min fixome lembrar Robinson Crusoe que lle brotou unha horta "sorpresa" tamen que o axudou a sobrevivir.
Espero que saia algo dai pero dame que non.
Un saudo a vo-los dous.

 
At 4:39 AM, Anonymous Anonymous said...

Se lles tiras unha foto podemos saber se son ou non, as lepiotas son ben fácil de identificar. Un saúdo

 

Post a Comment

<< Home