Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Hoxe tocou traballar.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, October 13, 2005

Hoxe tocou traballar.


Pois si. Hoxe estivemos unha chea de xente na linha dos champus e, como estaba avariada a embaladora, tivemos que facelo a man. A xente estaba cansa e suspiraba e dicia: Oh, Lord! e comentaban o cansos que estaban e as ganhas que tinhan de iren a casa. Dende logo a xente aqui non esta acostumada ao traballo duro e asi venhen mais e mais mexicanos como explica este artigo topado na interrede.
Por outra parte, manha empeza a Feira do estado en Raleigh. Ana mais eu fomos hai dous anos e non estivo mal. O malo e que hai que pagar entrada e logo ainda se paga nos postos de comida e as atracions diversas e non e mui barato que digamos. Era sabado e estaba cheo de xente e apenas se podia caminhar.
Nunha feira desas hai mostras de gando, de artesania, musica, atracions como as das festas e logo atracions particulares deste pais como carreiras de porcos, exhibicion do cabalo mais pequeno do mundo ou a serpe mais grande qe non deixan de ser trucos tipicos de espellos ou unha "car demolition" onde os coches chocan uns contra os outros ata que deixan de andar.
Un mundo aparte e a comida. Hai centos postos de todo: dende crocodrilo (sabe coma o polo pero mais correoso) ata salchichas e xelados que aqui estan enamorados dos xelados. O que non hai e alcol nin empanada nin pulpo e da magoa ver os vellos comendo unha hamburguesa e baixandoa cunha coca cola.
Tamen miramos unha danza de indios e un Buffalo Bill que era mui simpatico e facia diabluras co latego.
En fin, esta ben visitar unha feira destas como experiencia para conhecer un pouco deste pais. E aqui esta o exemplo da State Fair de Indianapolis.
Ata manha.

5 Comments:

At 11:56 PM, Blogger Dot said...

É sorprendente. Estades a vivir na Springfield dos Simpsons!

 
At 4:13 PM, Blogger mariademallou said...

esa xente non é normal. montan tamaño movidón e non venden alcol?! non me estraña que se maten a tiros.
por galiza remataron as festas,pero comezou a chover por fin.
sabes que cando falamos nos teus comentarios síntome en eeuu e cando falamos nos meus síntome en galiza. sorprendente non? ;)

 
At 6:56 PM, Blogger Paco Penas said...

Sorprendeume a hestoria dos mexicanos, eu sempre pensei que eran uns lacazáns... ao final resulta que o gen dos nugalláns non ten patria.

 
At 9:57 AM, Blogger acedre said...

Pois non sei se sera o dos Simsons pero non vai mui descaminhada a serie (os mexicanos din Homero Simpson e a min faime gracia).
O da State Fair e digna de visita antropoloxica para conhecer esta cultura e do alcol neste pais e como falar do demo e mais neste estado onde as diferentes igrexas imponhen as suas normas. Iso si, todo de portas fora que portas para dentro ben que lle dan ao alcol que mete medo o que poden engulir.
A sensacion de estar noutro lugar sintoa eu tamen. Cando leo ou comento algo pois trato d ponher no lugar e mesmo na mente da persoa que escribe e logro ese teletransporte dalgun xeito. O que sei e que todos os que andamos pola interrede adiante estamos nunha especie de limbo, un lugar comun onde charlamos e oimos.

Os mexicanos son mui bos traballadores. Eu tamen tinha a idea preconcebida do tipico mexicano durmindo a sesta co sombreiro tapandolle a vista pero e mentira. En Mexico non existe a sesta e os mexicanos son puro nervio e fibra. Son inquietos e manhosos e moven as mans a unha velocidade terrible. Nada que ver coa pachorra dos negros e os brancos. E estou falando en xeral que de todo hai. Iso si, se os mexicanos son nacidos aqui a cousa cambia. Xa collen os vicios dos norteamericanos e perden esa forza vital.
E mais nada, gracias polos comentarios. Seguimos en contacto.

 
At 11:34 PM, Blogger Roberto Iza Valdés said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 

Post a Comment

<< Home