Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Marcela e a cea no "chisqueiro"

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, October 14, 2005

Marcela e a cea no "chisqueiro"


Hoxe en Revlon acabamos cos champus antes da hora do xantar e, menos mal, porque nada mais empezar e eran as sete e cinco e xa estaban as mulleres 'Oh, lord', 'I'm tired', 'I'm ready to go home' e demais expresions de cansazo.
Logo de rematar fomos a outra linha e estaba case a minha beira Emma, a hondurenha, que lle andan detras todolos homes e non sabe que facer. Eu conteille a historia de Marcela e Crisostomo do Quixote que a tal Marcela non tinha a culpa de que a perseguisen que ela non daba pe para semellantes ilusions e que non era culpa dela. Eu non sei que pasa. A tal Emma non e para tanto pero todos a queren "tronar" (como din en Centroamerica).
Pola tarde fun buscar a Ana e quedamos atrapados no centro de Warrenton que habia o desfile dos candidatos a rei e rainha do 'homecoming' que son coma os embaixadores do equipo de futbol americano do instituto e ala ian os candidatos sentados na capota dos coches con cartaces dicindo 'vota por min'. Resaltar que unha das candidatas chamase Jalishia anque non o creas (isto dos nomes da xente aqui da para un comentario futuro).
O desfile estaba precedido polas animadoras e o coche do director e estaba pechado pola banda de musica coa sua musica tan peculiar que me lembra ao Planeta dos Simios e aquelas musicas raras dos 70. Este ano a banda esta formada cen por cen por negros que o ano pasado tinhan un branco despistado no medio deles.
Logo fomos a Raleigh a cear e fomos ao "chisqueiro" que non e outro que o Cheesecake Factory da foto e estivo ben. Ceamos fora e xa fai fresco para andar de manga curta. Logo demos unha volta polas tendas e xa estaban a pechar que eran as nove e media e logo tiramos para casa. E entre pitos e flautas xa e a unha da manha.
Asi que me despido ata manha ou pasado.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home