Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Os mecanicos de Revlon

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, October 27, 2005

Os mecanicos de Revlon

Onte non escribin que tivemos problemas coa interrede e case non tivemos e eu non tiven muito tempo para escribir e ademais non tinha ideas. Bueno, minto, sonhei que voaba e habia unha cheeeea de tempo que non sonhaba que voaba. Non lembro muito do sonho que o despertador estragouno pero sei que era nunha paisaxe fermosa e penso que era nun caminho en Acedre...ou parecia.

Hoxe traballei cos champus e mirei un mecanico que habia tempo que non o miraba pola Revlon e decateime de que nunca che falei dos mecanicos, unha elite na empresa.
Eles acostuman ser brancos (que raro, non?) e tenhen uniforme de pantalon azul marinho e camisa celeste con viseira vermella que pon escrito "Engineer" que e mecanico en ingles anque soe rimbombante. Hai varios e acostuman a pasear coas mans nos petos que lles ha de cheirar a facotexo. Muitos tenhen barba ou bigote e tenhen que levar unha redecinha por baixo do nariz. E agora vou describir varios dos que deambulan pola fabrica.
- "O Pinabrancas". Este ten un coche con matricula "Hooked4you" que ven a dicir "Colgado por ti". Tonho mais eu bautizamolo asi porque so fala con rapazas brancas e o resto non existe. Muitas veces leva un pantalon militar de camuflaxe. El paseo mascando chicle e presumindo de musculos anque xa ten un pipotinho xeitoso. Ten o pelo (o que lle queda) rapado ao cero e debaixo da matricula chuzou outra coa bandeira surenha.
-"O Quilometrico". Bautizado asi polo longo e enxuto que e e polos quilometros que fai no dia. Vai pola fabrica coma un zombi e apenas fala. Nas mans sempre leva luvas e estan limpinhas. Hai veces que leva un pano na man ou unha aceiteira. Para que, non mo preguntes.
-"O Papa Noel". Chamolle asi porque ten umha barba inmensa e branca e fai muita gracia coa redecinha posta. A este gustanlle as Harley Davidson e os cabalos, afeccions tipicas de brancos. A ver, dime cando miraches un moteiro negro, eh ?.
-"O Castor Bolechudo". Este ten dentes grandes que daban para rillar un carballo e e grande e mais lacazan que a chaqueta dun guardia. Esta casado cunha mexicana de raza branca e ollos azuis e o fillo mais pequeno so fala espanhol e a el fodelle bastante porque e o tipico surenho ("redneck").
E para rematar esta "O Hitlerinho". Chamolle asi porque ten un bigote e un fisico parecidos. Este da gusto velo traballar. Cando hai algo escangallado ali aparece el e amanhao mentres os outros todos estan reunidos comentando a xogada e facendo vult. Traballa tanto que nos descansos esta todo nervioso, fumando e escribindo notas. Cando non esta nunha linha esta no seu carrinho de ferrramentas fedellando.
E iso e todo por hoxe. A ver o dia de manha que nos depara.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home