Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Proba sorpresa

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, October 18, 2005

Proba sorpresa



Fun traballar coma sempre e cando estaba no descanso das duas dixome Bob Campbell, o meu xefe de Staffmark, que tinha que facer un test sorpresa de droga. Viunos buscar unha furgoneta a min e a catro mais e fomos a Henderson a mexar no botinho. Cando voltei a Revlon andaba Dennis Clayborne na minha busca. Preguntoulle a Sandra se sabia de min e preguntou a mais xente. Cando foi a oficina de Staffmark xa lle dixeron que eu marchara ao test de droga e xa quedou tranquilo. Bob mandaralle un emilio pero o outro non tivo tempo de ler o correo e non sabia nada de min.

A tarde Ana saiu tarde e non fomos ao ximnasio. Millor porque eu tinha malletas de correr pola pista e de andar na bici onte. O xoves abren a piscina e por fin farei algo en mollado que o exercicio en seco acaba comigo.
E pasamos a tarde na casa. Ana estivo buscando hotel para os dias de accion de gracias. E Cris e Tonho buscaron vo para ir no Nadal a casa.

O tempo esta quente como dicia ao primeiro e o algodon esta a punto para ser apanhado. Antes faciase a man como fago na foto, pero agora hai maquinas monstrosas que arrapanhan con todo e logo quedan os caminhos estrados de algodons.
E como esta o tempo tan caloroso os grilos e as carriolas cantan e as barbantesas (que aqui son enormes) van atras deles. Os gansos que migran de Canada cara ao sur pasan por estes ceos chiando e algo perdidos pola calor que fai paran nos estanques das granxas e dubidando de se xa chegaron ao seu destino.

E xa non hai mais. Manha e outro dia.

2 Comments:

At 3:06 AM, Blogger Paco Penas said...

Maxinaste Pedro que derás positivo no test... ¿como lle ías contar os "yankies" que forá o colacao o culpable?
Saúde e terra

 
At 7:13 PM, Blogger acedre said...

Ha, ha.
Aqui non hai Colacao e non daria positivo por iso. O millor daba positivo por beber Miller que e unha cervexa con menos alcol ca a auga e iso que din que e "o champan das cervexas". Non imaxino como sera a auga choca das cervexas...
Saudos para as illas afortunadas.

 

Post a Comment

<< Home