Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Racismo subtil.

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, October 25, 2005

Racismo subtil.


Hoxe morreu Rosa Lee Parks. Eu non sabia nada dela pero resulta que foi unha das pioneiras dos dereitos dos negros nos EEUU.
A situacion legal cambiou muito en cincuenta anos e agora toda a xente e igual por lei. Pero resulta que na practica hai unha lei non escrita onde funciona o archiconhecido "xuntos pero non revoltos" e nesta vila hai funerarias, perruquerias e igrexas distintas se un e branco ou negro. Por suposto non esta proibido ir por exemplo a unha perruqueria de negros pero da un nonseique que bota para atras.
A situacion real non cambiou muito nestes anos e non leva trazas de cambiar mui rapidamente. Por exemplo, no instituto ou mesmo na Revlon; brancos e negros traballan e estudian xuntos pero cando tenhen un tempo libre xa se xuntan os brancos cos brancos e os negros cos negros. Hai casos de mestura pero son os menos e case anecdoticos.
Os nenos brancos do instituto o que mais odian e un "whigger" que non e outra cousa que un rapaz branco que se xunta e leva a mesma indumentaria que os negros. E se unha rapaza branca ten relacions cun negro xa a deixan de lado como apestada e non topara noivo formal na zona.
Co tempo ira cambiando a cousa pero de momento esta desta maneira.
E mais nada por hoxe. Manha seica e outro dia.

6 Comments:

At 9:03 AM, Anonymous Anonymous said...

Para flipar, pero a verdade é que xa o tiña oído tanto nos libros de Michel Moore coma na emblemática historia resumida dos EEUU que fan os debuxos de South Park. E incluso que esas pelis de adolescentes onde hai unha mestura de razas disque é pura fantasía. En fin aquí nos madriles seica as escolas tamén comezan a funcionar por razas. As públicas están a barrote de inmigrantes e as privadas quedan para os nosos nenos que aínda haxa que pagar pois os rapaces non atrasan tanto (isto pensando no nivel que traen). Pero digo eu que algo de outras cousas tamén haberá

 
At 9:16 AM, Blogger máis alá said...

Ese é o espello no que ten que mirarse o mundo enteiro?

 
At 12:10 PM, Blogger Colazo said...

faremos nós o mesmo? non deberíamos, e aínda máis sendo galegos.

Érase un "habanero" que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, coma calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non o deixaba vivir alí. E farto de chorar, voltou á súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl baleiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

 
At 3:17 PM, Anonymous Anonymous said...

Cando somentes quedan os osos, se os mesturamos todos, hai que ter moi bo ollo para coñecer se son de blanco ou negro...a non ser que fagan unha lei na que se poña a obriga de pintarllos do color que lle toca cando morran...

 
At 7:07 PM, Blogger acedre said...

A verdade e que eu tinha outra idea deste pais e desta xente. Imaxinabaos mais abertos e con mais conhecemento pero non son asi. Polo menos aqui e a xente que conhezo. Nas cidades (Boston, Nova York, Chicago) a xente xa se mestura mais pero non hao que esquecer que son cidades do norte e cidades grandes.
Dende logo non e un espello para mirarse anque si unha imaxe do que vai ser no futuro na terrinha porque xa sabes que levamos uns anos de atraso con respecto aos EEUU e xa se empeza a ver en Madrid, como ben apunta Agulleira.
Non sei. E un tema mui complexo e penso que a humanidade en xeral tende a formar grupos con membros afins, tanto na cor, coma nos gustos, relixion, idioma, etc.
Espero que non cheguemos ao punto de pintar os osos de cores que xa seria o ultimo do ultimo.

 
At 8:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Non creo que en Europa se chegue á segregación racial que hai en moitas partes dos EEUU. Hay unha larga historia de segregación que, polo que se ve, parece difícil de sacar da mentalidade da xente.

Falando particularmente do que coñezo na Coruña hai un grupo non moi numeroso de africanos, cáse todos adicados á venda (clandestina ou non) de diversos produtos. Non parecen moi integrados e se relacionan sobre todo entre sí, pero probablemente porque levan outro ritmo de vida (traballan e aforran) e as dificultades do idioma e cultura. De todos modos ás veces se ven acompañados de rapazas daquí ou saíndo por algún pub ou discoteca a algúns, e non pasa nada (só faltaría).

 

Post a Comment

<< Home