Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Spirit week

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, October 04, 2005

Spirit week

Onte xa refrescou e xa ponho xersei para ir ao choio. A noite apenas estiven co ordenador e logo non sei que me pasaba e sentia que perdia o equilibrio...sera un virus do ordenador.
Hoxe xa non me pasou e aqui ando.

Esta semana e a "spirit week" no instituto onde traballa Ana. Durante o ano hai unhas normas de vestimenta para os alumnos e os profesores e esta semana adicana a rompelas.
-Onte luns foi o "caracter day" e ia xente disfrazada de personaxes coma Superman ou o rato Mickey.
-Hoxe martes foi o "viceversa day" onde a xente cambia de roupa para o sexo oposto e, segundo Ana, habia chicos que estaban guapisimos de moza. En troques, as mozas caracterizadas de home non tenhen tanta gracia.
-Manha mercores toca "flash back e celebrities day" que e cando a xente vai con roupa e peiteados doutras modas pasadas ou disfrazados de famosos. Ana vaise vestir de hippie para seguir un pouco a festa.
-Xoves toca "tacky day" que van de trapalleiros ou con cousas do rives ou asi.
-E venres e o "spirit day" e a xente vai coas cores do instituto: camiseta granate; e tamen hai un "prep rallie" que e un ensaio xeral da banda e as animadoras do equipo de futbol americano.

E pola minha banda nada novo. A ver se manha non tenho esas perdas de equilibrio. Sera que vou vello ? ;)

3 Comments:

At 7:21 AM, Blogger Arduina said...

Que divertido! Ten que ser estupendo iso de vestirse coma nos 70, eu seria feliz!

 
At 12:18 PM, Anonymous Anonymous said...

Os States é o que teñen, hai dias para celebrar calquera cousa. Moi divertido comezar o curso con tanto disfraz.

 
At 8:25 PM, Blogger acedre said...

Arduina: Ana foi feliz e os alumnos dela tamen por teren unha profesora que se involucra.
Todo-terreo: hai celebracions curiosas pero e pola falla de costume que nos abraian. E o curso xa leva tempo empezado. Empezou a mediados de agosto.

 

Post a Comment

<< Home