Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Xantar surenho

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, October 11, 2005

Xantar surenho


Hoxe en Revlon houbo xantar da minha area.
Cada certo tempo dan un xantar e aproveitan para comentar como vai a area e cales son os obxectivos.
O menu non e nada variado. Consiste en polo fritido con garnicion surenha. A garnicion e de "hush puppies" que son os que saen na foto e son unha especie de croquetas de farinha milla con ovos, leite, cebola e farinha triga e non estan mal. O nome parece ser que era o que lle daban aos cans para que estivesen calados. Tamen habia "potato salad" e xudias guisadas con bacon.
A comida surenha non se caracteriza pola sua exquisitez e non vai ter fama nunca. Comento isto aqui para dicir que non so comen hamburguesas e cachorros quentes e hai comidas tipicas anque dunha calidade non mui ala.

Despois da piscina non tinhamos ganhas de facer cea e Ana mais eu ceamos comida chinesa que e mais rica que a surenha e vainos millor.

E cambiando de tema, xa estou no blogomillo. Asi que non sei que esperas para engadir a tua bitacora e agrandar a blogosfera galega.

Saudos e ata manha.

3 Comments:

At 8:55 AM, Blogger Peke said...

Teñen bo aspecto, pero non serán moi graxentas?

 
At 4:55 PM, Blogger hojasdehierba said...

Croquetas só de cebola???
Caray, un pouco de chicha non lles viría mal ¿non? ;-)
Pero algún día probarei a botarlle fariña de millo ás croquetas daquí, a ver qué sae.
Unha aperta.

 
At 6:42 PM, Blogger acedre said...

Pois non son mui graxentas. O normal das croquetas. O pior que vexo eu e o aceite que usan para fritir que e aceite de "canola" que non e outra cousa que aceite de colza e dame un pouco de repelus.
Suponho que lle viria ben un pouco de chourizo ou algo asi pero as "hush puppies" sonche asi.
En Arbo fan o bolo do pote que non e mais que unha bola de farinha milla metida a cocer no caldo e e rica. Os sabores son ben distintos pero as duas cousas tenhen a farinha de millo como ingrediente principal.

 

Post a Comment

<< Home