Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Accion de gracias adiantada

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, November 17, 2005

Accion de gracias adiantada


Hoxe en Revlon todolos empregados fomos convidados a xantar o piru estufado de Accion de gracias. Os xefes puxeron un gorro de cocinheiro e servian a comida mentres nos pasabamos co prato. Para comer habia piru, porco doce, xudias, pure de patacas, "stuffing", boniatos, prebe de arandos, torta de pecanas e te doce con xeo. Eu comin piru e porco con xudias e pure de patacas. O "stuffing" repiteme. Consiste nunha mistura de pan relado con ovos, apio, pementa, mantequilla e xarxa e normalmente e o recheo do piru. Os boniatos son mui doces, o seu sabor faime lembrar a chirouvea, un nabo que se da por Acedre, en Lugo. O prebe de arandos non o vin a tempo pero a pinta non era boa, semellaba unha xelatina vermella.
A torta de noces pecanas comina pero era docisima coma xarope. Bebin o te que era a unica bebida que habia.
O dia de accion de gracias e para a semana que ven pero aqui tenhen un costume extranho de adiantar as celebracions e asi hoxe celebramos a cea de accion de gracias na hora do xantar. Tamen este sabado celebran o desfile de Nadal polas ruas de Raleigh. Eu non vou que traballo. A ver se van as rapazas e fan unha reportaxe.
E isto foi por hoxe. Manha pode ser que haxa algo.

6 Comments:

At 3:52 AM, Blogger Veloso said...

Vexo que hai ter un estómago forte para esas festas. Non me estraña iso de que adiantan as celebracións. Por aquí hai moitas tendas cos adornos do Nadal. Por certo, xa que importamos o Halloween (ou Jalopín), non falta moito para que acollamos como propia a festa de acción de grazas. Só nos falta atopar un motivo de agradecemento. Un saúdo dende a brétema do Douro.

 
At 12:25 PM, Blogger hojasdehierba said...

Os boniatos cómense tamén por aquí, por Extrema e Dura, asados... ainda que eu ainda non probei. ¿Gostaches deles?

 
At 4:58 PM, Blogger acedre said...

Si que hai que ter estomago. Bueno, suponho que sera costume, adaptacion de tanto comelo.
Non tenho noticia de que se faga pola terrinha esta celebracion, ainda que o tempo o dira. Nos xa temos celebracions abondas e ben boas que son.
Os boniatos probeinos como se fai aqui cocidos e comense anque son mui doces para o meu gusto e lembrame as chirouveas de Lugo que se lle botan ao cocido e danlle un sabor especial pero que non me convence. Suponho que os boniatos asados seran mais ricos. A min encantanme os vexetais asados.
Un saudo e que vos aproveite.

 
At 10:00 AM, Blogger hojasdehierba said...

Piru ha de ser pavo e xarxa é salvia, se miña nai non anda trabucada.
Saúdos.

 
At 8:02 PM, Blogger acedre said...

Hojadehierba deu no cravo. O piru e o pavo. Estiven a piques de escribir pavo por piru (con acento no u ) pero dixen...que carallo, asi e como se lle chama dende O Porrinho a Arbo (non sei polo resto de Galicia) e en Portugal asi que vou escribilo asi. Creo que a orixe da palabra ten que ver con Peru, ese pais andino de onde vinheron os pirus.
Xarxa e salvia en castelan. E unha herba aromatica que lle da un sabor especial as cousas. En Arbo utilizana as mulleres para as dores menstruais e coas castanhas cocidas tendes que probalas.Estan ben boas.

 
At 7:28 PM, Blogger acedre said...

Metin o pesunho dicindo que se lle bota xarxa as castanhas cocidas. A pranta aromatica que se lle bota e a "neboda" e non a xarxa.
Perdon.

 

Post a Comment

<< Home