Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Adeus Pitusa

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, November 10, 2005

Adeus Pitusa

Un dia destes morreu a Pitusa, a cadela dos avos de Ana. O ano pasado morrera o Farruco, o seu fillo. Eran bos cans, garimosos, fieis e cazaban coellos cando ia o avo Ricardo de caza. Non sei se eran de raza, raza pero semellabanme podengos galegos e polas caracteristicas ben podian selo.
Que no seu paraiso tenhan comida a fartar e un raio do sol onde deitarse a durmir a sesta. Dixen.

2 Comments:

At 3:05 AM, Blogger Veloso said...

O Papa Xoán Paulo II, nun dos seus discursos infalible-surrealistas, anunciara que os cans, aínda que non podían gozar do ceo dos humanos, si tiñan unha especie de paraíso particular. Nel estarán xa Pitusa e Farruco, talvez xogando con Jones, Cicutín, Maia, Tabú e outros cadelos sen nome que viviron e morreron en Silvaoscura. Un saúdo.

 
At 8:40 PM, Blogger acedre said...

Pois seguro que merecen o seu paraiso. Non hai muito can malo polo mundo adiante. Normalmente o malo e o dono.
De onde sacaria o papa iso de que os cans non poden gozar do ceo dos humanos en caso de que exista ?. Semellame unha falla de sensibilidade mui grande porque hai cans que son da familia.

 

Post a Comment

<< Home