Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cartaces no caminho de volta

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, November 27, 2005

Cartaces no caminho de volta



Saimos as nove da manha do hotel e tiramos cara norte. Estaba anubado ao primeiro e logo botou a chover. Houbo retencions de trafico pola chuvia que entorpecia a vision e tamen polos accidentes que cada pouco habia dous ou tres coches que se deran un "bico".

Eu conducia, Ana tivo tempo para rematar "To kill a mockingbird" e o Colin durmia atras ou no colo de Ana ou no chan nos pes de Ana.

A estrada I-95 e bastante aburrida: rectas e rectas de estrada con dobre carril, a unha velocidade fixa duns 130 quilometros por hora co "cruise control" posto e a mesma paisaxe. Arbores sen follas canto mais ao norte, granxas (unhas abandonadas e outras pouco menos) e cartaces polo caminho. Quixemos facer unha foto dun cartaz que aparecia cada pouco dende 100 millas antes anunciando un parque de atracions dun tal Pedro con restorans, hotel e venda de foguetes artificiais que estan proibidos en Carolina do Norte (iso si, os rapaces poden ir cazar cervos e o que se lle bote diante). Tamen habia cartaces anunciando bares de topless para camioneiros con ducha de agasallo (non me preguntes de que vai iso) e no medio dunha granxa apareceu un labirinto no millo que ten boa pinta para divertirse un dia.

E chegamos sen novidade.

Ata manha.

3 Comments:

At 11:28 PM, Blogger Veloso said...

Vexo que o pasastes ben. Gústame moito o labor divulgativo que fas desa zona dos EEUU, sobre todo porque te fixas nos detalles pequenos, case sempre fundamentais para entender a maneira de pensar e vivir da xente.
É luns e vai moito frío en Zamora. Empecemos a semana con alegría. Un saúdo.

 
At 1:36 PM, Blogger torredebabel said...

e eu, que sempre pensei que non ia coñecer os Estados Unidos...
claro que a viaxe con vostedes é moito mais interesante que calquera outra!! Gracias por levarme!

 
At 6:47 PM, Blogger acedre said...

Os monumentos son importantes pero os detalles pequenos son os que marcan as diferencias entre distintas culturas.
Aledome de que vos gusten as nosas viaxes por este mundo e nos procuramos pasalo ben que a vida son catro dias contados e hai que disfrutalos.
A ducha suponho que sera para iso, para que non cheire a humanidade.
Gracias polos vosos comentarios que animan a seguir cos relatos.
Un saudo.

 

Post a Comment

<< Home