Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Charleston

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, November 26, 2005

Charleston

Hoxe decidimos visitar Charleston, a unhas duas horas do hotel. Tinhamos pensado ir a San Agustin, na Florida, pero eran tres horas e media de viaxe asi que queda para outra ocasion.
O traxecto dende Hilton Head a Charleston pasa polo Low Country que e unha zona de terras baixas que apenas asoman por riba do mar e dos rios. Hai un feixe de gandaras, marismas, esteiros e illotes que forman unha fronteira difuminada entre auga e terra. As varias pontes que pasamos son o unico que levanta vinte metros por riba do nivel de mar e son boas atalaias para admirar esa paisaxe tan peculiar onde se mesturan pinheiros con palmeiras e muitas prantas mais.
Entramos en Charleston e fomos a Oficina de Turismo onde collemos folletos e iniciamos o pateo da cidade. O que e o centro historico percorrese ben que non e mui grande. Esta cidade e antiga (segundo a medicion dos brancos norteamericanos) e pasou por un terremoto, varios furacans e a guerra civil americana e rexurdiu das suas cinsas.
Perto da oficina de turismo esta o parque Marion onde habia un mercado dos granxeiros de Charleston que tinha productos agricolas a venda, obxetos de arte (encantaronme estes cadros) e postos de comida (pizza que non falte) e por se e pouco, ata tocaba unha rapaza unha guitarra. Dende o parque xa se dislumbraba un formigueiro de xente ao que non estamos acostumados neste pais e fixemos coma Vicente que vai onda a xente. A "King Street" era o motivo desa fervura de xentes. Esta rua e unha rua comercial longa con palmeiras e chea de tendas e restorans . Tiramos pola rua esa e logo chegamos a rua do mercado que tamen fervia coa xente e os postos de roupa, xoias, artesania e de comida. O novidoso foi os cestos que facian as negras dunha herba das gandaras da zona e que son dun estilo que apenas variou das suas raigames africanas. Iso en canto as senhoras negras. Os rapaces negros estaban en todalas esquinas da cidade coas suas bicis vendendo flores feitas de xunco mui xeitosas.
Seguimos o paseo ata un parque que tinha canons e o parque esta abeirado de casas senhorais como a da foto que son palacios ou casas de boneca feitas realidade.
Entrounos a fame e xantamos nun mexicano da "King St." que sabemos que os restorans mexicanos son garantia de calidade e cantidade boas.
Ao sairmos, pechouse o ceo coas nubes e fomos pasear o Colin a un parque e dali tiramos para o hotel.
En definitiva, Charleston paga a pena. E unha cidade bonita, ben cuidada e con cousas para facer e mirar e que recomendo a calquera.
E iso foi o de hoxe. Manha toca a volta a Warrenton.

6 Comments:

At 9:41 AM, Anonymous Anonymous said...

Ola,spero q ayais tenido buen viaje d regreso,q tal anda Colin d lo suyo?

Bsñs.

 
At 12:52 PM, Anonymous Anonymous said...

Ya me puse al día de tu blog y casi hice con vosotros el viaje de acción de gracias.
Sois una pareja deliciosa y Colín es precioso.
Conserva siempre ese amor...
Bicos, parelliña. Carmiña

 
At 3:12 PM, Blogger acedre said...

O Colin anda millor pero non esta completamente recuperado e manha chamaremos ao veterinario a ver que di.
Muralla, vasme por colorado. Somos unha parellinha coma outra calquera.
Iso si, o Colin ten exito vaia onde vaia.
Bicos e apertas.

 
At 3:35 PM, Blogger hojasdehierba said...

Estades a facer a ruta de "Gone with the Wind" ;-) ¿atopachedes xa a Señoriiita Ejcarlaaata?
Adoro as túas crónicas de viaxe, acedre :).
Saúdos.

 
At 7:32 PM, Blogger acedre said...

Ha, ha. Pois case. Estamos no sur profundo e estamolo conhecendo un pouco.
Gracias polas alabanzas. Eu fagoo como millor podo e todo o malo e culpa minha.
Saudos dende a terra de "Foise co vento", "Raices", e tantas peliculas mais.

 
At 7:32 PM, Blogger acedre said...

A casa e ben xeitosa. Magoa de que non me colla na maleta para poder levala para a terrinha.

 

Post a Comment

<< Home