Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Cousos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 09, 2005

Cousos



Nesta zona onde vivimos hai espallados aqui e acola cousos que aqui chaman "ponds". Son estanques para regar as plantacions e tamen serven para beber os animais e banharse cando apreta a calor. Unha amiga preguntoume nunha ocasion se me podia banhar neles pero estan cheos de prantas e animais coma bechas e sapocunchos e da un pouco de canguelo meterse ai.

No ximnasio mirei un anuncio de kurdos agradecendo aos EEUU por liberalos de Sadam. Tenhen razon en agradecelo pero sooume un pouco empalagoso. Nesta paxina esta o video onde di "Thank you".

Tamen lin revistas e nunha sae a lista de nomes mais empregados entre os nados nos EEUU no ano 2004. Eu estou no posto 225, ganhame Tonho no posto 93 e Ana no 140 pero Cristina queda atras no posto 437. En que posto estas ti ?.

Ata manha.

4 Comments:

At 10:42 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu chamome Pepe e na lista que tes no teu post estou no posto 28...se a lista fora de aqui coido que estaría un chisco mais adiante.

 
At 11:38 AM, Blogger Colazo said...

165 para un nome ruso nos USA non está mal, a que lle chamas bechas? eu chámollo a miña nai

 
At 7:35 PM, Blogger acedre said...

A min extranhoume a cantidade de nomes latinos na lista e Pepe esta arriba...coma ten que ser !.
Discrepo contigo na sua posicion na lista da terrinha. Estes son nomes para nados no 2004 e agora estan mais de moda os Jonathan e Christian e demais nomes. Modas que che hai.

Travis ruso ?. Non o sabia.
Bechas son as cobras. E o nome comun pola Lourinha, o val do Porrinho.

 
At 1:30 PM, Blogger Colazo said...

Travis non, Iván

 

Post a Comment

<< Home