Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Gracias, amigos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, November 06, 2005

Gracias, amigos

Hoxe quedei contente. As fotos que puxen onte gustoulles a uns bos amigos. Muito se discute sobre o valor dos blogues, para que serven, se son literatura ou son desbarradas...que sei eu !.
Na minha opinion, os blogues son uns diarios con ligazons, un relatorio dunha vida co seu punto de vista tendo un pe no chan e a cachola no ceo virtual que asi fomos feitos. Eu empeceino para non esquecer esta epoca da minha vida que o tempo acabara rematando. Eu queria un sistema eficaz para dar a conhecer o meu paso por estas terras, un sistema rapido, limpo, eficaz, economico e creo que ameno. Topei de casualidade o blogomillo e pasei unha tempada cheirando aqui e ala ata que me animei a comenzar co este meu blog, unha pinga mais nesa masa licuosa virtual da interrede. Fun escribindo a medida que podia e engadindo amigos... eu que pensaba que so escribiria para a familia e conhecidos !. E aqui sigo, actualizando ata que poida e feliz de que haxa xente que perde o seu tempo coas minhas cousas. Asi que dou as gracias e de agasallo ponho unha foto do centro da vila de Warrenton feita hai unhas catro horas por min e sen truco.

4 Comments:

At 4:57 PM, Blogger Martin Pawley said...

Aquí seguiremos, perdendo ou gañando tempo coas súas cousas.

 
At 6:27 PM, Blogger acedre said...

O sentimento e reciproco. Anque penso que se ganha mais co teu blog.

 
At 3:19 AM, Blogger Peke said...

Home, Galicia ten o seu aquel tamén, ¿ou non? Claro que diferente, pero por aquí por Nigrán, a cousa é sinxelamente marabillosa.
Esta foto, coma as outras, non ten prezo.
E digo o de Martin, aquí seguiremos perdendo ou gañando tempo coas túas/nosas cousas. Bicos.

 
At 7:19 PM, Blogger acedre said...

Galicia e muito pero coincidiras comigo que podia ser millor.
Da gusto "perder" o tempo co teu blogo.
Saudos e disfruta das tempestades nesa paisaxe coas Sisargas.

 

Post a Comment

<< Home