Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Hilton Head Island

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, November 24, 2005

Hilton Head Island


Pasamos do frio ao calorinho, do aire frio do norte a airexa tepeda do sur, do inicio do inverno ao outono e todo cambiando de Carolina do Norte a Carolina do Sur en menos de cincocentos quilometros.
Hilton Head Island esta pertinho de Savannah, cidade famosa polos seus piratas e a "Waving girl", unha muller que quedou esperando polo seu namorado. Este marchara nun barco e prometeulle a volta xunto ela e ela botou muitos anos saudando aos barcos que entraban no porto desexando que fose o barco do seu namorado e rematou tola.
Ao chegarmos ao hotel demos un longo paseo pola praia. Pola praia habia muitas familias desfrutando da praia coas suas cometas, frisbees, cans e pelotas. Nas casas dos ricos na beira do mar habia un feixe de luces e adivinhabase a xente ceando en familia a traves das fiestras sen persianas tipicas deste pais. O sol marchou e fomos buscar onde cear. Todo estaba fechado polo dia de hoxe e ceamos nun restoran tipico americano aberto as 24 horas do dia e Ana non tivo muita sorte coa cea que lla trouxeron mui cargada de prebe. A minha cea non estivo mal (quesadilla con terneira) porque eu tinha fame.
E isto foi o que deu o dia de hoxe.
Manha habera mais.

5 Comments:

At 1:55 AM, Blogger máis alá said...

En tódolos portos hai unha Penélope

 
At 4:38 PM, Anonymous Anonymous said...

A waving girl pasoulle coma a nosa Marica, o bo do home saleu unha noite a buscar tabaco e nunca mais volveu. Ainda hoxe o está esperando, se lle preguntas por él, di que foi a buscar tabaco; pero o mesmo tempo diche que xa lle tarda algo mais da conta...
Unha aperta

 
At 7:00 PM, Blogger acedre said...

Tendes razon que hai casos deses espallados aqui e acola.
E o fotografo Manuel Ferrol gardouno para o futuro aqui:
http://www.manuelferrol.com/index.php?fn=FOTOGRAFIA

 
At 3:42 AM, Anonymous Anonymous said...

¿e qué fai un galego en Carolina? Nao sei .... se eu estivera por alá de seguro que facía un blog destes en galego. A morriña e tal...
Pero bueno.... vexo que estás ben, sorte.

 
At 7:41 PM, Blogger acedre said...

Pois estou en Carolina porque a minha muller conseguiu un posto de profesora de espanhol por tres anos. E a onde vai ela, vou eu.
O blogo fagoo para manter un tipo de correspondncia inmediata e actualizada coa minha xente e con tantos novos amigos virtuais pero tan importantes como os reais.

 

Post a Comment

<< Home