Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Limpeza de estradas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 16, 2005

Limpeza de estradas



Contanse muitas cousas malas deste pais pero tamen ten as suas cousas boas. Un exemplo e a limpeza das estradas. Non sei mui ben quen se encarga de facela. Nas estradas grandes hai veces que vexo pelotons de limpadores e maquinaria segando os arcens das estradas. Outras veces vexo brigadas de presos limpando. Xa podes imaxinar a tipica escea de muitas peliculas: o policia co rifle, coa sua cara de can e o tipico sombreiro e os presos limpando con desgana...pois a imaxe e asi calcadinha. Non fun capaz de tirar unha foto que non cadrou de levar a camara comigo. Cando tenha esa foto que me escapa prometo pola no blogue.

Logo hai estradas mais pequenas que tenhen carteis coma o da foto. Resulta que dividen a estrada en tramos e hai xente particular, empresas da zona ou colectivos relixiosos ou doutra indole que adoptan un tramo e adicanse a limpalo cada certo tempo.

Os resultados estan para ver: estrada limpa. A verdade e que a xente non bota muitas cousas dende os coches. Aqui as multas por botar lixo son elevadas e nunca sabes onde hai un coche policia de incognito. Aparte a xente esta concienciada de que botar restos de alimentos atrae aos animais que rondan pola estrada co perigo de accidente que supon. Os conductores prefiren deixar os restos dentro do coche co resultado de que alguns estan cheos de refugallos ata a antea. Xusto ao contrario do que pasa na terrinha onde botamos pola xanela o que faga falla (xa mirei botar cueiros suxos) e temos o noso coche por dentro limpo coma unha patena.

E mais nada por hoxe mentres chove e cain raios ao lonxe e boa falta fai a chuvia coa seca que hai no estado.

Ata manha.

1 Comments:

At 7:07 PM, Blogger acedre said...

Non e tanto polas multas como por concienciacion e educacion cidada.
Son mui considerados coa propiedade comun e prefiren deixar os refugallos no seu coche que tiralos na estrada. Sempre falando en xeral que hai excepcions, claro.
O teu galego e bo. Non serei eu quen o critique. Podese millorar pero e custion de practica e aprendizaxe coma calquera outra lingua. Segue practicandoo e correxindo os erros que vaian saindo e notaras os resultados.
De todas formas sempre che queda o espanhol que o bordas no teu blog.
Saudos e gracias por perder o teu tempo visitando o meu blog...con tantos que tes que visitar !.
Sintome un privilexiado.

 

Post a Comment

<< Home