Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nunca mais

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, November 13, 2005

Nunca mais



Hoxe cumprese o terceiro aniversario daquel dia triste cando o petroleiro Prestige rachou e empezou o seu verquido velenoso. Foi unha mala experiencia coa sua perda de riqueza animal e perda de empregos. Foi un desastre que espero non se repita polo ben de todos.

Aqui fixo bo dia e non fun traballar despois de vintesete dias seguidos traballando. Ana, Cris e mais eu fomos a "pulga" de Burlington, na saida 157 sur da 85. Ali demos unha volta por ese mercado con tanto ambiente mexicano e a sua variedade de productos. Habia dende roupa, ata fruita, pasando por musica, remedios contra a envexa, ordenadores, periquitos e "rims" de coches (as nosas llantas) e mil cousas mais. No mercado mercamos pulpo conxelado, unhas minibananas e probamos "nopal" que e un cacto que lembra no sabor a cogombro ou pepino.

Dali fomos a Durham, ao Whole Foods e xantamos ali. Cris comeu sushi, Ana patacas ao alioli e gorgonzola e eu un "wrap" de piru ou pavo. Mercamos castanhas, vinho Albarinho e pan. Nesa tenda habia unha variedade de productos inmensa e cara. Entre os productos que habia podo nomear: chocolate para recoller fondos para os conservacionistas, canastros africanos, vinho co meu apelido, imans de frases con mensaxe, proteccion para os beizos recomendadas polos socorristas e feitas en North Carolina e musica de muitas culturas dispares. Ou sexa, de todo un pouco.

E por fin fomos a casa, fixemos o pulpo que non foi dos millores que temos comido pero tampouco dos piores e chimpamos a botella de Albarinho mentres falamos de tipos de letra feita a man e mais cousas.

E asi hoxe foi un dia completo, un dia Comansi.

E manha toca a volta para o choio.

5 Comments:

At 10:34 AM, Anonymous Anonymous said...

Aquel día moita xente perdeu o "prestige". Teñamola a confianza, coma ti dis, de que non volva a pasar. Co pulpo mailo albariño sinto un non sei que no estómago..coido que vou a ter que poñerlle remedio..

 
At 12:37 PM, Blogger Colazo said...

Esquecérame comentarche se víralo Galinglish http://va-ca.org/serendipity/index.php?/archives/224-Galinglish.html

 
At 7:36 PM, Blogger acedre said...

Pepe: o pulpo e o albarinho son bos para tapar un buraco.
Colazo: por suposto mirei o galinglish e pareceume curioso coma o spanglish que non deixan de ser dous idiomas orais inmersos nunha lingua que domina todolos ambitos da vida (oi, como me soa isto...).
Muralla: foi un bo dia. Paseei a minha camiseta de Nunca Mais polo mercado mexicano e alguns miraban curiosos para ela. A verdade e que non lembrei muito o do Prestige durante o dia. Co albarinho lembreino que eu ia propor un brinde pero deixeino pasar para non fastidiar a festa.

 
At 3:09 AM, Blogger Peke said...

Aquí houbo unha mani en Compostela, á que non asistín en persoa, que unha non está para certos trotes. Semella un bo día, si.

 
At 11:19 PM, Anonymous Anonymous said...

www.fruitavida.biz the one true health drink from the Amazon that is full of nature's natural benefits.

 

Post a Comment

<< Home