Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: O lenhador xigante

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, November 19, 2005

O lenhador xigante



Aqui estou eu cunha figura de Paul Bunyan. Este home ten unha lenda. Na orixe el era un lenhador canadiano que luitou contra os ingleses na guerra da independencia canadiana. Paul Bunyan formaba parte dun grupo de lenhadores e era un homon cunha forza enorme que podia con todo, erguia troncos de 250 quilos e carrexaba quilometros e quilometros unha carga de mais de cen quilos. Co tempo foi esaxerandose a sua fama gracias as reunions dos lenhadores da fin da xornada ao redor dunha fogueira onde se contaban lendas, contos e chismes. A lenda foi complicandose e engadironse mais anecdotas coma a do seu boi Babe, un boi azul polo frio de Minnesota e xigante coma o mesmo Paul e que un dia fuxiulle ao dono e en duas semanas creou os 10000 lagos de Minnesota coas suas tripadas xigantescas.

Espero que che gustase esta lenda dos tempos que non habia television nin Superman.

2 Comments:

At 2:38 AM, Anonymous Anonymous said...

Ti non semellas ser pequeno, pero o amigo Paul vaia viga está feito

 
At 2:23 PM, Blogger acedre said...

Eu son ben normalinho (1.72 cms) pero o Paul foi medrando co tempo e dician que cando era pequeno facianlle unhas zocas de madeira duns troncos de arbores.
A figura esta nunha granxa onde estan os canastros grandes que che enviei nunha foto hai un tempo.
Semella gustarlle as cousas grandes a xente desta casa.
Unha aperta grande.

 

Post a Comment

<< Home