Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Obesidade nos EEUU

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Tuesday, November 15, 2005

Obesidade nos EEUU



Hoxe na radio dixeron que MacDonalds ia por a informacion nutricional nos envoltorios dos seus productos. Eles din que e por informar a clientela pero todo o mundo sabe que e para evitar denuncias de xente que engorda e ten enfermidades por comer estes productos.

Esta nova fixome pensar na gordura que padece a xente aqui en xeral. Pola rua, no choio e mesmo nos colexios vense verdadeiros mostros dignos dun circo. Hai xente delgada pero non en demasiada cantidade.

Eu penso que estan tan repoludos polos seus habitos alimenticios. Almorzan pouco ou nada e logo tenhen lareca toda a manha e gulipan calquera trapallada de "snack" que son verdadeiras bombas caloricas e que non sacian a fame. Por exemplo, unha simple galleta Oreo ten case tantas calorias como un iogur ou unha maza pequena e, claro, quen e capaz de comer unha galleta soa ?. Tragan varias e ala van 400 calorias para un corpo que segue esfameado. Logo chega o xantar, o "lunch", e mandanlle unha fritangada chea de maionesa ou ketchup ou mostaza e unha bandeixinha de patacas fritidas Deus sabe con que tipo de aceite. E baixan isto cos refrescos que canto mais zucre millor asi o carregan de xeo que sen el non hai quen trague semellante xaropada. Despois do traballo ou da escola chegan a casa e empezan co maraton televisivo e as idas e vindas a neveira. E asi ata a hora da cea que a fan grande ou chaman a unha pizzeria.

E non e so os alimentos os que engordan. A falla de exercicio ten unha responsabilidade enorme neste proceso de engorde. Aqui, estou falando dunha zona rural que nas cidades xa son mais espigados, levan o coche a todalas partes e tenhen todo pensado para esta comodidade. Na foto vese unha oficina bancaria por onde vai un co coche e xa o atenden na oficina esa sen sair do coche. Se ese carril esta ocupado, o seguinte cliente vai ao carril mais a dereita e fala co caixeiro a traves do tubo da imaxe que e por onde vai a libreta de contas e ven de volta cos cartos. E logo ainda queda o caixeiro automatico a altura do conductor. E toda esta montaxe e nunha vila que non chega aos mil habitantes e que non ten problemas de estacionamento. E non se che ocorra ir a pe porque directamente non te atenden.

E aparte destes bancos "drive-thru" estan os telefonos publicos nas gasolineiras a altura do automovilista para que non saia do coche e logo os diversos establecementos de comida rapida onde a xente pide na ventanilla a galloufada que lle apetece e van a un parque a engulila e fano sen sair do coche anque faga o dia mais bonito do mundo !. E o mesmo acontece con buzons de correos, buzons dos videoclubes e bibliotecas e papeleiras. Todo ao alcanzo da man dende o coche.

En resumo, aqui estan gordos polo muito que comen e o pouco que se moven.

Xa o dicia un conhecido meu. Queres adelgazar ?. Pois menos prato e mais zapato.

5 Comments:

At 12:29 PM, Blogger Peke said...

Pois aquí en Nigrán, Ramallosa, Praia América, haiche unha manchea de obesos. O meu home di que semella California e alucinamos a dúo cos gordos que vemos, algúns francamente obesos.
Claro que ahí o fenómeno debe de ser moito máis rechamante, pero como di Muralla parece que se estende aquí tamén. Dou fe e vivo nunha zona rural.

 
At 12:30 PM, Blogger Peke said...

Por certo, encántame iso de menos prato e máis zapato. Soa bárbaro.

 
At 2:48 PM, Anonymous Anonymous said...

Poida que non sexa bo estar gordo, pero de ser asi e mellor que que teñan a culpa bos cocidos, bos platos de callos e outras cousas que maten ben a fame...como di un refrán noso: que morra a marta, pero que morra farta.

 
At 5:13 PM, Blogger Paco Penas said...

Eu cando saío de paseo coa minha filla non teño outro remedio que evitar ir por fronte a esos burguers que che agasallan con monequiños para secuestrar a vontade dos máis cativos.
Ademais de ser malos son tamén caros, de baratos non teñen nada.

 
At 6:39 PM, Blogger acedre said...

Na terra temos o malo costume de copiar as malas cousas e xa se estan vendo os resultados. Os rapaces agora estan sobreprotexidos e van no coche de papa/mama por medo a que se cansen ou que lles pase algo malo. Os rapaces non poden xogar na rua cos amigos polo mesmo, o medo a que lles pase algo. E asi non fan exercicio bastante.
E logo esta a comida. Aos rapaces encantanlle os fritidos e os doces e e o que mais comen. Precisamente as cousas menos sas que hai.
Dende logo, este problema non ten doada solucion e vai a mais.
Esperemos que o sistema cambie anque non o vexo mui claro.

 

Post a Comment

<< Home