Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Outra version de Santa Claus e Xesus

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, November 28, 2005

Outra version de Santa Claus e Xesus

Xa tenho comentado a "sutil" diferencia entre brancos e negros que se da neste pais. Xa comentei o caso de que haxa igrexas distintas, perruquerias, tendas de noivas, casas funerarias, revistas, peliculas, series televisivas,etc, etc, para brancos e para pretos.
Hoxe falei con Ruby, unha negra alta que fala comigo bastante. Preguntoume sobre a minha viaxe a South Carolina e dixenlle que estivera ben, que Savannah e Charleston son bonitas e tal e tal. Ela dixome que ten unha curma en Charleston e dixenlle que era unha cidade agradable e ben cuidada e bastante xeitosa como para vivir nela. Cando cheguei a este punto, Ruby disentiu. Dixome que Charleston era unha cidade de brancos e que os pretos ali non estaban mui ben vistos. Baixou a voz e dixome que hai brancos racistas, tanto cos negros coma cos mexicanos e preguntoume se no meu pais pasaba iso. Eu dixenlle que ata o de agora non habia problema: a inmensa maioria da poboacion e de raza branca. Pero que agora empezaban a ser numerosos os negros de Africa e os musulmans e que empezaban os problemas. Aclareille que iso do racismo e un problema xeral. Que se da en todo o mundo e sempre hai etnias rebaixadas por outras e que a raigame do problema esta nos cartos e na educacion. Ela asentiu e rematou a leria que tinhamos que volver ao choio.

E falando de todo isto lembrei que hai negros que din que Xesus era negro e que Deus tamen e ...ata tamen Santa Claus e negro !.
Eu non son quen para dicir se estan certos ou errados pero penso que se de verdade queren ser diferentes pois que cren os seus propios mitos a sua imaxe e semellanza. Un Xesucristo negro e un Santa Claus da mesma cor como que non pegan, vamos, digo eu. Semellanme un mal apanho para quedaren satisfeitos. Non sei. A verdade e que e un asunto complicado.
E para que vexas que non o invento aqui quedan estas fotos. Magoa que este pais sexa unha republica e non tenhan os reis magos que Baltasar seria o rei ideal para solucionar este problema de a quen pedir os agasallos do Nadal.

Manha xa verei o que escribo.

3 Comments:

At 3:29 PM, Blogger torredebabel said...

se ali son os negros, en Europa (como contas) son os africanos e musulmans, e acá son os "cabecitas negras", xeito de chamar despectivamente precisamente aos que descenden dos donos destas terras. Que os que somos brancos de pele somos os fillos dos barcos... Pero como dis, o problema do racismo está na educación. E xa se sabe que o capitalismo non é amigo de gastar diñeiro nesas cousas que non dan ganáncia. Apertas!

 
At 6:44 PM, Blogger acedre said...

O ideal seria que non houbese diferenzas ningunhas pero sempre as habera: por cartos, por educacion, por beleza, por altura, por gordura, por idade...polo que sexa.
O ser humano forma parte da Natureza e a Natureza segue as leis do mais forte e nos imos co elas. Poderemos suavizar as diferencias por lei e decretos pero no fundo seguiran estando ai. Temos que aprender dos erros cometidos no pasado para non repetilos no futuro pero somos asi de burros (sen tratar de ofender a estes animais).
Un saudo e apertas e vaia ligazons que tes no teu blogo !.

 
At 9:33 AM, Anonymous Anonymous said...

creo que o problema son os cartos máis que outra cousa (polo carallo discriminaban a Jordan!). Pero weno, tes razón, a min non me pegan ese cristo e ese papanoel!

 

Post a Comment

<< Home