Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Parecidos na fabrica

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, November 07, 2005

Parecidos na fabrica

O Tonho esta ben pola terrinha. Apareceulle o arcon pero a figura do can que levaba estaba feita anacos. Quen sabe o que buscaria a policia na figura !. A maleta da roupa apareceu mais tarde pero enteira.
Onte domingo marchou Susan, a indonesia a buscar a nai enferma para levala a Singapur e non sabe cando vai voltar. O sabado pediume que rezase por ela e eu deille uns cartinhos que non aceptaba pero que aceptou a fin e lle fixo soltar unhas bagoas.
E falando de xente de Revlon vou falar de duas rapazas co voso permiso. Non tenho a calidade literaria do meu amigo Veloso coa sua galeria de personaxes de Silvaoscura pero eu tiro para diante.
Ao que ia, en Revlon traballa Cassie, unha chica branca, delgada que nos chamabamos a "Anorexica" pero que ela e asi. Lembrame a Candy, Candy un chisco. Ao primeiro eu pensaba que era unha tipica princesa das trailas como chamo eu as branquinhas que non se dignan nin dicir ola e que semella que andan nun mundo principesco e que logo resulta que viven en casas remolque. Vamos, que era unha especie de pija pero sen ter onde cair morta.
Esa era a idea que tinha eu e estaba errado, coma case sempre. Resulta que a tal rapaza tivo o seu terceiro fillo con vintetres anos que ten. Estivo casada cun americano en Arizona e agora esta casada cun indio da India. E ainda por riba pariulle a hamster e ten nove crias e anda ofrecendo as crias pero ninguen quere ter eses ratos na casa. Ou sexa que pasou de ser unha pija a unha muller forte e traballadora a pesares do seu aspecto feble cunha vida complexa con nenos, hamsters e un divorcio nas costas.

A outra que me semella a unha personaxe e Wanda, unha rapaza preta que ten un xeito de andar e uns acenos de pilla que me lembran a Pippi, en negro e sen pencas nin chichos, pero Pippi. Wanda vive co noivo e ten dous fillos, creo. Ela sempre me sauda cun "Que pasa ?" e traballa ben sen ter a forza para erguer cabalos no aire pero mui ben.
E estes foron os retratos de duas rapazas mais de Revlon.
Ata manha.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home