Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Ricardo e Celia

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 30, 2005

Ricardo e Celia



Hoxe tinha para escoller entre varios temas pero o meu amigo Veloso escribiu unha entrada marabillosa sobre os seus avos que me fixo pensar.

Din que cando mercas unha casa hai que ter cuidado que mercas uns vecinhos tamen. O mesmo poderia dicirse a hora de casar un: que non so casas coa tua parella senon que casas con toda a sua familia. Eu casei con Ana que e un tesouro que non deixarei de gabar nunca. Pero tamen casei coa sua familia e na voda tocoume a loteria: a familia de Ana e unha marabilla que me aceptou con carinho e cos brazos abertos. Poderia falar de calquera membro desta familia e contar virtudes e boas cousas pero quero concretar o meu relato nos avos de Ana: Ricardo e Celia.

Na foto estan recen casados, rozando os vinte anos e xa choveu dende aquela. Agora son unha parellinha maior que sempre me recibiu coma se fose o seu neto dandome todo o seu carinho e ledicia sen pediren nada a cambio. Son unha parella que cando o Ricardo solta unha ocorrencia das suas esta detras Celia para rirlla. Son un exemplo de amor e respeto mutuo dunha xente que pasou boas e non tan boas epocas e que seguen xuntos e felices para o meu abraio e ledicia.

Sei que se un dia chegan a deixarnos (Groucho Marx dicia que el era inmortal mentres non se demostrase o contrario) van ter que ampliar o Paraiso para que collan estas duas almas boas e xenerosas coma poucas.

6 Comments:

At 8:05 AM, Blogger Laurindinha said...

Que fotografía tan bonita... Encántanme as fotos desa época. Aínda estiven esta fin de semana botándolle unha ollada ó álbum familiar!
Grazas polo teu comentario!Un saúdo!

 
At 11:36 AM, Anonymous Anonymous said...

Jo,que bonito,entre estos comentarios y los que habias hecho dias atras casi me voy a poner a llorar,ojala algun dia encuentre a alguien de quien poder decir lo mismo.

Muxos besos yyyyyyyyyyy que siga el amoooooooooor!!!!!!!!!!!!!!

 
At 1:41 PM, Blogger torredebabel said...

Fermosa história! eu sinto unha admiración sen limites cando vexo unha desas parellas de tanto anos e ainda compañeiros. Na miña familia non temos moitas desas historias: sobran-nos os berros e faltan-nos as apertas cando chegan os 50 ou os 60... Pode que sexa a dor da emigración... quen sabe. Apertas e gracias pola historia!

 
At 7:27 PM, Blogger acedre said...

Dende logo e unha historia de amor e amizade e un exemplo a seguir.
Gracias polos vosos comentarios.

Chelin, xa veras que aparecera alguen para seres feliz. Se eu o conseguin mais doado telo ti, non tenhas medo. Bicos e saudos.

 
At 12:30 AM, Blogger Veloso said...

O día do aniversario dos meus avós quixen poñer unha foto súa no blog, pero a miña torpeza co ordenador é absolutamente ilimitada e enfermiza, polo que me conformei co texto. De todos os xeitos, alégrome moito de coñecer aos teus "avós políticos" e agardo que teñan saúde e alegría por moitos anos. Un saúdo.

 
At 6:04 PM, Anonymous Anonymous said...

Free download
free credit report
free free
free people search
free personals
free cell phone
free wallpaper
free blog
free stuff

 

Post a Comment

<< Home