Salud, dinero y amor

Na radio "La ley de las Carolinas" falou o Funfun dunha profesora mexicana que se retira...con 102 anos !. Isto pode ser un exemplo de saude. En canto a nosa saude dicir que vai ben, o malo e o Colin que ten problemas coa pel e arrasta o cu por toda a casa. Manha levamolo ao veterinario e a ver que di.
En canto aos cartos de momento non son problema. Temos para nos e se queremos podemos mercar loteria de Nadal. O que si fixemos foi entrar na loteria das cartas verdes para poder vivir e traballar nos EEUU. Non hai muitas posibilidades (calculo un 0.5%) pero na loteria non sei se habera mais. Deixo a ligazon por se queres probar sorte que non creo que me reste posibilidades e asi e como regalar participacions que e o mais bonito da loteria de Nadal. Iso si, esta e a unica paxina gratuita e oficial do sorteo das "Green cards". Non caias en timos.
En canto a amor...que dicir ?. Muito se fala del e non hai consenso. Para min amor e a imaxe da foto: compartir unhas risas con Ana, unha rapaza marabillosa que non cambio por nada do mundo e que seguirei onde queira que vaia.
Nunha ocasion lin un azuleixo portugues que tinha escrito: "Que Deus te de o duplo do que desejas para os demais". Asi que che desexo saude, cartos e amor.
Ata manha.
6 Comments:
Esto... ó leñador xigante fáltalle con que cortar. vexo que nos EEUU tamén cocen fabas. Un saúdo.
Preciosa foto e precioso post. Saúde, amor e cartos para vós, por esa orde.
É fermoso o parque no que estades e a ponte que vos fai de fondo. E é aínda máis fermoso ver que sodes felices.
Curiosidade: hoxe coincidistes Folerpa e mais ti na temática dos sentimentos. Alégrome polos dous.
Que sigas sendo feliz toda a vida..ese dito portugués hai que usalo ben..cando desexemos algunha cousa temos que procurar que se boa; porque se é mala, xa sabes...Deus vaiche a dar o duplo do que pidas....
Gracias a todos.
Agremon, o lenhador esta sen a machada e semella estar sementando ou dar de comer aos paxarinhos. Suponho que pousaria a machada con xeito para non provocar un terremoto.
O sitio da foto e nun rio de Virginia coa ponte xorobetas, unha das cinco que quedan no estado ese. Quedou abandonada nos anos 50 cando fixeron unha ponte moderna que se albisca no fundo da foto. Un granxeiro utilizouna de palleira ata que unha asociacion cultural mercou a ponte e adecentouna. No post do 15 de maio tendes outra foto da ponte.
Espero ser feliz con Ana muito tempo e desexo que vos non quededes atras.
Saude, amor e cartinhos para ir tirando na orde proposta por Peke.
Guapos, sans e felices... Aledome de que (case) non poidades pedir máis.
Unha aperta.
Post a Comment
<< Home