Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Savannah

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, November 25, 2005

Savannah


Pola manha estivemos na praia e percorrendo as tendas da zona, tipico centro comercial cos seus paseos e xardins que dan para boas fotos.
Despois fomos a Savannah e estivemos pateando a cidade que non e mui grande. E unha cidade con casas grandes e historicas que cando foi da Guerra de Secesion os nordistas non quixeron destruila como fixeron con Atlanta ou Richmond.
Ten muitos parques de forma cadrada entre ruas e hai palmeiras e "spanish moss" que son unhas prantas que se penduran das polas das arbores e tenhen a sua lenda. Habia muitos turistas que facian o seu tour por libre, en autobuses, carros de cabalos ou mesmo nas funcicletas que mirei por primeira vez en Chicago e que van ser un furor no futuro. Xa veras.
Tamen estivemos polo paseo do rio coa sua rua empedrada e a multitude de restorans e tendas de recordos, unha zona que me fai lembrar Oporto. Aqui e ala habia artistas da rua que cantaban ou tocaban instrumentos e estivemos admirando un que tanto facia malabares como xogos de escapismo e, aparte, tinha unha leria que a xente escachaba coa risa. Logo tomamos unha canha nun bar bastante apagado e tiramos para o hotel que xa refrescaba.
E non hai mais nada por hoxe.
Manha a ver que hai.

5 Comments:

At 6:32 AM, Blogger Vicente said...

Nunca tiven intención de visitar os EEUU pero lendo as vosas crónicas de verdade me están entrando gañas de ir.

 
At 9:08 AM, Blogger máis alá said...

Eu xa teño visto esa funcicleta ou algo parecido por Vigo.

 
At 11:34 AM, Blogger eue said...

Eu en Boston vin un rapaz tocar na rúa dous botes de pintura cunhas baquetas e semellaba que tiña a batera de Igor Cavalera, o de Sepultura

 
At 6:56 PM, Blogger acedre said...

Xose Anton: eu tampouco tinha maldita ganha de vir pero acabase collendo carinho. Os EEUU tenhen muito que ver, por suposto non na densidade que topamos en Europa pero ainda ten cousas curiosas para unha mente galega. Por suposto unha visita fugaz non da para nada pero unha tempada da para bastante. E gracias polo piropo para o cronista. Eu intentoo e se me sae ben...pois millor ca millor.
Mais Ala: eu non tenho visto as funcicletas por Vigo pero claro que levo un tempo sen pisalo e non ten nada especial que non as vise. Dende logo son curiosas e creo que tenhen futuro.
Eue: hai muito artista de rua, muitisimo, e con verdadeiro valor. Eu tenho visto rapaces que apenas saben limpar os mocos dandolle marcha a bidons de pintura en grupo que non hai mais remedio que castigar o peto e darlles un par de dolares. Merecen mais pola ledicia que lle dan as cidades.

 
At 7:35 PM, Blogger acedre said...

Pois non miramos a ninguen paseando unha correa sen can. En Charleston miramos unha rancheira que levaba na parte de atras un can cun xersei e unhas gafas de piloto. Non me deu tempo a tirarlle unha foto.
E de famosos en festas nada de nada. Quizais noutra ocasion.

 

Post a Comment

<< Home