Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Target, Michael's e World Market

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, November 20, 2005

Target, Michael's e World Market



Onte sabado aparte de choiar e levar e traer a Cecelia Kearsey e de facer as fotos co xigante Paul, fomos de tendas e a cheirar aqui e acola. Primeiro fomos ao Target, un sitio un pouco mais caro que o Walmart pero muito mais limpo e de mais calidade. Logo fomos ao Michael's onde hai todo para facer manualidades e Ana mercou un xogo de "scrapbook" con album e trapalladinhas para facer boas paxinas tipo collage nos dias que neve e non tenha clase. Dali fomos ao World Market onde hai mobles, adornos e bebidas do mundo. Ali topei un albarinho chamado Nora das Neves pero mais caro que o da semana pasada e non o mercamos. Na zona de cervexas hai marcas curiosas como "Hatuey", adicada a un cacique cubano; "St. Pauli Girl" que ten chica na etiqueta e que cambia co ano e "Dead Guy Ale" da casa "Rogue" que ven a dicir "cervexa home morto" da casa Pillaban. Habia outras coma "Saranac" de sabores varios, "Pete's Wicked", "Gaelic Ale", "Groslch" e muitas mais.


Hoxe domingo durmin coma un senhor ata as nove e media e chimpei pola interrede adiante mentres Ana estreaba o seu album e adornaba a casa de Nadal. Nadamos un pouco e recollemonos na casa que xa non apetece estar fora.

E iso foi todo.


Ata manha.

1 Comments:

At 7:45 PM, Blogger acedre said...

Non tinha nin idea de que proibisen empregar a palabra Nadal no Target. Non sei, semellame demasiado retorcido evitar esa palabra para non ferir a sensibilidade doutras relixions. Ao final, con tal de non ferir a ninguen, imos ter que calar por todo e non o vexo ben.
Desexoche un Bo Nadal por adiantado (se non che ofende).

 

Post a Comment

<< Home