Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Todos valen

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Friday, November 18, 2005

Todos valen

Revlon semella un formigueiro estas ultimas semanas. Hai que producir para as vendas do Nadal e contratan a muita xente. Parece que hai escaseza de traballadores disponhibles e vale calquera. Na zona onde estou hai dous empregados novos que os pobres non tenhen muitas luces. Un chamase Cristopher e ten vintesete anos. E alto e forte. Fala e ri so e non fai caso do que lle din. Sua muito e leva as gafas de seguridade mesmo no aparcamento e hai veces que leva os guantes postos tamen. O outro e Jimmy, un senhor dun cincuenta anos cun sorriso sempiterno que parece o Joker. Tampouco se enteira muito e cando vai ao banho e quere voltar a linha de traballo, perdese e da voltas buscando onde traballaba.
Tamen hai unha senhora negra que traballa noutra area e que entra nos banhos dos homes a coller auga no lavabo. Hoxe sentouse comigo fora mentres comia o meu emparedado de terneira con queixo Monterrey. Eu estaba coa mosca detras da ourella. Non falou e cando falou preguntoume se podia ela traer a comida do comedor para fora e dixenlle que si. Nese momento demostroume o pouco que razona. Cando rematei esperei que marchase para dentro ela primeiro non fora o conto de que entrase no banho dos homes cando estivera eu dentro.
En fin, o que vale, vale; e o que non, a Revlon.
E sen que venha a conto quero por unha ligazon a unha paxina dun movemento de protesta dos negros deste pais que ten uns debuxos mui bos. Descubrina buscando dados para o dia de accion de gracias. O malo e que todo esta en ingles.
Para debuxante galego temos a Xaquin Marin neste debuxo con referencia a febre aviar.
E isto e todo por hoxe. Manha madrugo mais que entro as seis no choio.

2 Comments:

At 8:11 AM, Blogger máis alá said...

Unha pregunta meu. O Revlon este é onde se fan os Natural Honey (champu, desodorante, etc)?

 
At 7:44 PM, Blogger acedre said...

Pois semella que si. Eu non sei onde o faran na fabrica. O champu que mirei e o Aquamarine e o desodorante e Mitchum que me recorda ao actor Robert Mitchum e o mais simpatico e o lema que ten que traducido ven a ser: Desodorante Mitchum: tan eficaz que podes botalo dia si, dia non.
Tame facemos os productos Almay e muitos produtos mais que non conhezo.Aqui facemos champu, suavizante, barra de labios, desodorante, crema da cara, sombra de ollos, autobronceadores, tintes de pelo e mais cousas que non sei. O que non sei e se facemos para Europa. Hai productos para Canada pero os que chegan a Europa suponho que os faran noutro sitio. Non sei.

 

Post a Comment

<< Home