Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Tonho vai nun avon non nun Toxo

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 02, 2005

Tonho vai nun avon non nun Toxo


A estas horas andan o Tonhito polos aires pasando o gran charco. El vai nun avion grande e non nun Toxo, unha avioneta feita na casa e descuberta para min por Colazo. Esperamos que a viaxe cos seus trasbordos remate ben.
Por aqui os que quedamos seguimos coa rotina. Bueno, hoxe chegoume o permiso de traballo ata fins de xunho que e cando nos remata a visa.
No choio todo ben. Muita xente nova eventual e a indonesia ten a nai enferma e o domingo vai ata ala para levar a nai a Singapur que hai millores medicos.
Na radio contaron chistes e saia a palabra "bragas" e un mexicano preguntou que era iso e a locutora dixo que era un "sosten". Dende logo hai que aprender muito deses falares sudamericanos que dan lugar a situacions simpaticas. Para quen tenha dubidas dicir que as bragas chamanas "calzones" en Mexico.
Outra cousa que dixeron foi que Luis Miguel (que cantou en Raleigh estes dias) tinha muita cacofonia que para quen o dixo significa cantar en voz alta e repitindo. En fin...
E non hai mais por hoxe. Ata manha.

2 Comments:

At 2:14 AM, Blogger Veloso said...

Agora que falaches dese locutor lembro a un futbolista do Celta dos anos 50, un tal Amoedo, famoso polas súas anécdotas lingüísticas, coma a do traxe que lle quedaba "implacable" ou as súas mencións ao rei inglés Jorge VI, a quen el chamaba Jorge vi e non sexto. A máis famosa foi cando o viron, un día antes da súa estrea coa camiseta celeste, nun coñecido local de copas da época, en compaña de dúas espectaculares mulleres. Un afeccionado que o recoñeceu espetoulle:
-Que, Amoedo, debutas?
Ao que el contestou:
-Non, son as miñas primas.
Un saúdo.

 
At 1:51 PM, Blogger acedre said...

HaHaHa.
Mui bo ese Amoedo.
Este que mete as pifias e un hondurenho que lle chaman "Fufun" e "Tanque" Celaya. Este retrasmite partidos e polas manhas trae as notas curiosas do que pasa polo mundo adiante. A maioria das veces son chorradas sen gracia pero bueno.
Hoxe, por exemplo, comentou que en China multaron a unha parella con 90000$ por ter trillizos no segundo parto.
Un saudo.

 

Post a Comment

<< Home