Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Vacacions de Accion de gracias

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, November 23, 2005

Vacacions de Accion de gracias



Manha e o dia de Accion de Gracias que nos EEUU e un festivo importantisimo no que se reune a familia para comer o piru e demais productos tipicos. Hai agasallos entre os familiares e o dia seguinte ao "Thanksgiving Day" empezan as compras para o Nadal. O dia posterior ao dia de Accion de gracias e o dia das ofertas nos comercios todos. E o dia con mais venda do ano que muita xente aproveita para cambiar os agasallos recibidos o dia anterior.

E manha saimos de viaxe a Carolina do Sur. Son seis horas de coche ata un hotel nunha illa na costa. Non fai tempo de praia pero aireamonos un pouco. Parece ser que hai internet aberto no hotel e a ver se podo actualizar ala.

Na foto esta unha casa que pode ser unha casa-almanaque. Cando e epoca dunha celebracion, a xente desta casa pon adornos relativos a celebracion e asi agora esta co piru no cespede da casa. De noite esta iluminado pero non sae ben a foto de noite.

E o tempo corre e despois de manha xa estara a casa-almanaque cos adornos do Nadal.

Pois nada, ata manha...se non hai problemas. E se manha non hai unha nova entrada neste blogo xa sabes que non logramos entrar na interrede.

5 Comments:

At 1:33 AM, Blogger Veloso said...

Pois que teñades boa viaxe e que o pasedes ben. Podedes aproveitar para cantar aquilo da saia da Carolina, a ver qué lles parece. Eu vou a Vigo esta tarde. Din que vai nevar no Padornelo, pero aínda así voume arriscar.

 
At 4:54 PM, Blogger torredebabel said...

boa viaxe!
Apertas dende un anaco mais ao sur de Carolina do sur.

 
At 5:37 PM, Blogger acedre said...

Que a neve non impida a tua volta a te
rrinha.
Apertas para Torredebabel dende a praia. Non fai a calor desexada pero tamen imos para o inverno e ti vas para o veran.

 
At 6:07 PM, Blogger torredebabel said...

uf acedre, aquí non imos para o verán, il xa chegou y tenos a todos fartos de calor, sen reparar no calendario. E non ten piedade cos que temos genes galegos e somos mais da chuvia e os días sen sol que do clima tropical... Mándoche sol e calor. Ti tes algo de neve para min??

 
At 7:14 PM, Blogger acedre said...

Non hai neve de momento. Na zona de Carolina do Norte onde vivo neva un par de veces ao ano e mais ben en Xaneiro ou Febreiro asi que tes que agardar un chisco para que cha mande.
Saudos.

 

Post a Comment

<< Home