Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Agasallos especiais

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, December 14, 2005

Agasallos especiais

Estamos cada vez mais perto do Nadal e rematase o tempo para mercar agasallos. E o pior e que quedamos sen ideas. A min pasame e suponho que a ti tamen. Sei que tenho que mercar algo orixinal, que guste e quero facelo de corazon. A intencion conta pero ao remate o importante e un agasallo que deixe marca. Aqui nos EEUU venden muitas cousas e as veces son realmente orixinais. Vouche por tres exemplos para estes dias que quedamos sen ideas.
- O primeiro e ideal para nenos: un peluche que o fas ti mesmo. Nesta tenda de " Build a bear workshop" (obradoiro para montar un osinho de peluche) entras cun neno e el vai elixindo o corpo do moneco, a cabeza, a roupa e todo para que sexa totalmente persoal. Aqui non so venden o moneco senon que venden os complementos coma roupa, bulsos, zapatos, gorras, etc. E nesta imaxe podes ver disfraces para o oso de peluche que tamen ten dereito a disfrazarse de Home Aranha se lle peta.
- Outra idea son os animais. Iso dos cans, gatos, paxarinhos e sapocunchos esta pasado de moda e agora racha cos pinheiros unha serpe de Nicaragua ou un dragon barbudo (nin sei que e). Nesta tenda de "Guppies to puppies" (dende peixinhos ata cans) podes topar semellante agasallo.
Un consello: sempre e preferible un animal de peluche que estes de verdade medran e requiren cuidados e carinho e non son xoguetes.
- E de terceiro temos a un grupo de chamados cristians ( xa toco a relixion, sorry, pero neste pais e case inevitable ) que son capaces de facer obras de arte ben xeitosas e labrar pezas de madeira representando tanques e avions de guerra que por algo estan en guerra contra os mouros.
Espero que estes apuntamentos sexan de axuda na escolla de presentes. Se sei de mais fagocho saber.
Deica manha, se o frio o permite.

6 Comments:

At 11:29 PM, Blogger Veloso said...

Isto dos agasallos de Nadal é unha tortura. Na miña casa aínda os facemos por Reis, así que faltan uns días para o caos. Por certo, vou propoñer un regalo moi orixinal: unha colonia. Verdade que a ninguén se lle ocorrera nunca?

 
At 9:41 AM, Blogger hojasdehierba said...

Eu decidín que, agora mesmo, non lles vou regalar máis xoguetes caros aos meus sobriños, polo simple motivo de que xa non lles entran no cuarto... Para este Nadal teño pensado levar á sobri ao cine a ver unha desas pelis que a min non me gustan (ainda que ao Radical sí...) e tamén, outro día, a Galinfancia, para que xogue ata que revente.
Prefiro regalarlles tempo e experiencias, que xa teñen de todo.
Unha aperta.

 
At 10:48 AM, Anonymous Anonymous said...

Dende logo non saben que inventar, e nosoutros deixámonos engatusar...
Bicos.

 
At 4:09 PM, Blogger torredebabel said...

penso como veloso, os agasallos terminan sendo unha tortura! o pior non son os adultos senon os nenos. Penso que este ano vou mercar libros. Sei que sempre quedan con esa cara de decepción, pero as historias sempre son o mellor do mundo e eu quero dar iso de agasallo: a posibilidade de viaxar nunha história. Apertas!!! e gustáronme moitísimo os agasallos especiais (os animaliños exóticos un pouco menos)...

 
At 5:23 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

A mín non me gusta regalar pq manda unha data determinada, gústame regalar cando eu quero senón paréceme un exercício de hipocresía; é o meu parecer.
:)

 
At 7:53 PM, Blogger acedre said...

Os agasallos acaban coa moral da maioria da xente (con Ana non) pero vaise levando. Libros, colonia, tempo xuntos ou disfraces para cans son bos agasallos. Hai que dalos con carinho que o importante e iso: o carinho e a calor humana. E dicir que cos vosos comentarios tenho un agasallo de calor virtual non mui diferente da calor real.

 

Post a Comment

<< Home