Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Ambiente de Nadal

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, December 17, 2005

Ambiente de Nadal



Onte en Revlon houbo xantar de Nadal. Xantei muito e bo porque habia nabizas con xamon que e tipico aqui en Carolina. Tamen habia pavo e un pan de millo da zona. De sobremesa "brownies" e galletas caseiras. Ou sexa que non estivo mal. Logo a xente estivo repartindo agasallos entre eles que fan o Santa Misterioso onde cada un escribe nun papelinho o agasallo que quere e despois xuntan todos e cada un vai sacando un papelinho e ten que mercar o presente ese que lle tocou en sorte.

E hoxe fomos a Rocky Mount e habia muita casa adornada de Nadal ( e ainda non tirei fotos !) pola estrada 43. Logo nos sitios ateigados habia xente con roupa alusiva ao Nadal e mesmo un home que tinha un gorro que dicia que cria en Santa Claus e asemellabase un chisco. En Pet Smart, a tenda de animais, estaba a xente facendo fotos co Papa Noel de turno e a sua mascota.

Ou sexa, todo rezumando Nadal e de colofon os vontarios do Salvation Army na porta (a foto non e minha pero para o caso vale).

Un saudo e ata manha.

5 Comments:

At 9:10 AM, Blogger TXARI said...

o nadal vaise globalizando e cada vez dista menos entre os distintos sitios, som as pequenas diferenzas, ás veçes imperceptibels as que nos fan sentirnos máis próprios, e diferentes ao mesmo tempo...

 
At 3:30 PM, Blogger hojasdehierba said...

Acedre, unha preguntiña ¿como se di nabizas en inglés? (descoñecía que existisen por alá).
Unha aperta.

 
At 7:31 PM, Blogger acedre said...

Tes razon Txari, os pequenos detalles son os que ao final remarcan as diferencias culturais. Eses detalles coma un postre distinto, unha forma de brindar, un saudo entre amigos ou o aceno para dicir que un esta tolo.

Hojasdehierba, as nabizas aqui son "turnip greens". Nesta zona tamen cultivan verzas que chaman "cabbages". Logo hai produtos tipicos de aqui coma unha especie de melon que chaman "cantaloupe", o todopoderoso boniato "sweet potato" e mais produtos que irei nomeando co tempo.

 
At 1:54 PM, Blogger Paco Penas said...

Fai uns días ía camiñando pola praia, cavilando no Nadal e de súpeto percibin un forte cheiro a castañas. Quedei parvo, hai que ver o que capaz de fabricar a mente do home cando lle da un ataque de morriña.

 
At 6:57 PM, Blogger acedre said...

A morrinha ataca mais cando hai fame, he,he.

 

Post a Comment

<< Home