Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Arbores de Nadal

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, December 19, 2005

Arbores de Nadal



Un elemento tipico Nadal e a arbore de Nadal.

Nos EEUU vendense perto de 30 millons de arbores de Nadal cada ano. Ponhense a venda un 38 millons e os que non se venden rematan feitos serrin. Nesta ligazon hai muitos dados acerca das arbores de Nadal e a sua historia (en ingles).

As arbores sobrantes non se replantan porque son cortadas polo tronco e non se arrincan coa raiz enteira como se acostuma facer na terrinha. Nos temos algunhas arbores replantadas en Arbo e en Pias e sairon adiante. Dame magoa que se tiren con estas arbores pero o negocio e o negocio. Carolina do Norte e o segundo estado en producion destas arbores e as granxas de arbores cambian a paisaxe das montanhas.

Unha nota curiosa: a arbore mais grande non e a de Nova York que sae na foto senon que esta en Rio de Janeiro que de festas e celebracions saben un pouco.

E isto e o que hai por hoxe.

11 Comments:

At 8:14 AM, Blogger Mr Tichborne said...

Curioso. Eu estiven pola Alemaña e tamén celebran moito o do Nadal, vívese moito, aquí é como se aparecera de súpeto.

 
At 11:05 AM, Blogger torredebabel said...

satine, xa o dixeches todo. O polo menos, todolo que eu penso. A miña árbore é pequena (50cm), de plástico e só poxémola cada dous anos (un sí, outro non). Apertas!!

 
At 1:43 PM, Blogger Paco Penas said...

O pior de todo é que nin comprandoos de plástico sirven para o siguente ano. Hai que andar con coidado, todo parece que caduca antes de tempo.
saúde e terra.

 
At 1:55 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

Coincido con satine e torredebabel.Non se poden mancar as árbores e menos nestas datas que din ser tan de"amor e paz".
Unha aperta.
:)

 
At 2:22 PM, Blogger Laurindinha said...

Eu tamén fago coma ti, Torredebabel, e algún ano esquézome de poñela...
Que pena de árbores!! O consumismo de EEUU nestas datas debe de ser terrible!

 
At 6:45 PM, Blogger acedre said...

Tendes razon co abuso das pobres arbores. Se ainda valesen para replantar...Pero aqui cortanas de tal maneira que acaban morrendo e a unica funcion que tiveron e de servir de colgadeiro de luces e adornos.
Eu penso que o Nacemento e menos agresivo e mais imaxinativo. Pode ser que sexa mais apagado sen luces pero da mais que pensar.
Un saudo e bo Nadal.

 
At 12:22 AM, Blogger mariademallou said...

pasade unha boa festa por alá e non me andedes a cortar ghamallos sen nesesidá.;) saúdos de turrón!

 
At 1:35 AM, Blogger nenodanorita said...

Bo Nadal Acedre, unha apreta na distancia.

 
At 2:16 AM, Blogger Unknown said...

Vaia, agora xa sei quen es. De vista non sei quen es, pero a Ana si que a coñezo. Mándalle saúdos. Por certo, xa me dirás como deches co meu blog. Bo Nadal.

 
At 6:13 AM, Blogger Peke said...

Felices festas. :)

 
At 2:43 PM, Anonymous Anonymous said...

Bo Nadal e unha forte aperta dende o Far West de España

 

Post a Comment

<< Home