Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Boas festas

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, December 21, 2005

Boas festas



Ao final fixen unha foto de mala calidade que era noite e a camara apoiada no coche toda escorada. Na esquerda esta o rato Mickey vestido de Papa Noel, logo hai renos e a dereita Xose, Maria e Xesus.

Aqui e tipico adornar o cespede frontal da casa co estes luminosos que tamen incluen o moneco de neve inchable e iluminado. Nas portas e nos aleiros das casas ponhense luces penduradas e no interior da casa esta a arbore. Nas fiestras algunha xente pon candeas ou coroas de muerdago "mistletoe".

Desde aqui quero desexar unhas boas festas e feliz entrada de ano porque detras de cada ordenador hai unha persoa polo menos.

12 Comments:

At 10:58 PM, Anonymous Anonymous said...

Mira, a min gústame ver isas iluminacions de noite... que queres que che diga...
Bicos, queridiño.

 
At 1:07 AM, Anonymous Anonymous said...

Pasádeo ben, que detrás do noso ordenador tamén o pasaremos. Felices festas :-)

 
At 4:25 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

BeiJoS e ApErTaS de Nadal...
:)

 
At 4:25 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 
At 6:03 AM, Blogger máis alá said...

Por aqui temos imitadores dos ianquis que enchen os seus balcons de luceciñas.

¡¡Bo Nadal e Bo 2006!!!

 
At 7:05 AM, Blogger torredebabel said...

acedre, que teñas unhas festas fermosas como son fermosos os textos que pos no teu blog e que leo dende o meu ordenador, acá no sur quente de decembro. Apertas para ti e para os teus!

 
At 7:15 AM, Blogger Laurindinha said...

Os de detrás do meu ordenador tentaremos pasalo ben!
Bo Nadal!

 
At 11:28 AM, Blogger eue said...

Tras do ordenallo pero odiando o Nadal coma sempre deséxoche unhas boas vacacións.
Aí tamén hai Pais Nadal collidos de improviso aghabeando polos balcóns? Seica o costume vén do Portugal, en Galiza

 
At 1:23 PM, Blogger Colazo said...

que perigo tanta lus, mesmo semella que está a arder a casa.

Bo Nadal e feliz aninovo a tód@s, e por suposto a Acedre.

 
At 7:26 PM, Blogger acedre said...

A min gustanme estes adornos. Hai veces que son esaxerados pero tenhen un punto "agropopart" molon. En Galicia non se ve tanto na rua o Nadal. As casas tenhen dentro os adornos e na parte de fora mui pouca xente pon algo. Nos EEUU o Nadal non pasa desapercibido e e unha explosion de luces, adornos e imaxinacion.

Aqui hai Pais Nadal que agabean polos tellados; dos de adorno e don delincuentes. Tamen hai xente que lle arde a casa por cortocircuitos de tantos enchufes xuntos ou dunha candea demasiado abeirada a algo inflamable. Tamen arden arbores nadaleiras e na tele dixeron que todolos anos morren 17 persoas de media por incendios tipicos do Nadal.
Mais nada, gracias polos comentarios e que tenhades boas festas, bos agasallos, fartura de comer e de beber, ledicia e un feixe de saude.

 
At 7:15 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Moi Bo Nadal dende o Norte do Norte!!!!

 
At 10:01 AM, Blogger Diego E. B. said...

Síntocho moito pero nunca é tarde se a dita é boa, así que aínda que tarde, aí vay a miña felicitación de Nadal e máis que de Nadal de aninovo. Deséxoche un moi bo ano 2006 e que a distancia non te amargue as festas, sobre todo nos eeeeuuuu onde é un pouco difícil abstraerse no caso de que che entre a morriña.

Unha forte aperta. Dentro de dúas semanas voltarei a estar do outro lado. Todo chega.

 

Post a Comment

<< Home