Desfile de Nadal en Warrenton


Pola manha estivemos en Greensboro pero o centro estaba morto e decidimos marchar para casa.
Antes paramos no Whole Foods de Durham para mercar pan, vinho de Rueda, sushi e algunha exquisitez mais. Tamen habia queixo de Castela e membrillo pero non os mercamos.
Cando chegamos a Warrenton tivemos a sorte de que empezaba o desfile de Nadal pola rua principal.
Ainda levei unha boa sorpresa pola cantidade de desfilantes. Primeiro ia a rainha da vila que e a "homecoming queen", unha moza que se escolle por eleccion dos alumnos no instituto do condado. Logo vinha unha restra de veiculos coas autoridades do condado, os bombeiros, a policia, algunhas empresas (ata ia unha companhia de seguros), un Papa Noel en Vespa, nenos de primaria, coches antigos, "girls scouts", animadoras do instituto e a sua banda, rapaces en moto e xente dacabalo.
Todolos componhentes lanzando caramelos a "multitude" desta vila de mil habitantes. Non quero imaxinar como sera nunha gran cidade.
Bueno, que so faltaban os reis magos e algun Belen pero que aqui iso como que non se leva.E aqui estan algunhas fotos para ilustrar este acontecemento nesta vilinha de Carolina do Norte.
Espero che gusten as fotos.
Ata manha.

6 Comments:
Entre festas e desfiles vexo que o pasades en grande. Facedes ben.
De estar eu por aí, apuntaríame sen dúbida ao bailongo dos colombianos.
Un saúdo.
Moi ben o pasades, xa decían "xente nova e leña verde todo é fume".
Divírtanse que niso vai a ganancia.
:)
gustoume o desfile de Nadal que fixen con vostedes! Graciñas!!
Viva a alegría!!!
Bicos.
Tal e como imaxinaba un desfile yankee: parece que as series de tv reflicten certamente o que hai -as guapas do instituto ao fronte do desfile, animadoras...-. A sociedade americana é para min exótica e atractiva nas súas rarezas... que lle vaia ben a experiencia, seguireino visitando na busca de nova información interesante...
Encantoume que vos gustase o desfile. Dende logo que esta ben mirar un para conhecelo.Son puro espectaculo (ese e o motivo principal) e unha especie de escaparate das asociacions e empresas da vila. Abraioume un que se presenta para sheriff e leva o coche co cartel Vote por min.
Ah, non e un desfile yankee que e confederado que estamos en pleno corazon surenho.
Outra cousa, non nos tratades de vostede...non nos fagades mais vellos do que xa somos.
Post a Comment
<< Home