Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Despedida de Cris

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, December 18, 2005

Despedida de Cris



Onte vinheron Gustavo e Ines cos seus fillos Pichu e Maggie para despedir a Cris. Fixemos unha cea e houbo alguns agasallos adiantados de Nadal.

E hoxe domingo deixamos a Cris no aeroporto sen problemas. Habia ameaza de neve pero ao final choveu frio e sen problemas. Logo fomos polo Whole Foods onde podemos topar cousas pouco vistas neste pais e ldai tiramos para casa. Alugamos a pelicula de "Charlie e a fabrica de chocolate" e estivo ben. E un conto con moralexa e ten imaxes de muita imaxinacion e muita cor. Non sei se gustara muito aos nenos que ten momentos que non van entender, pero para un publico adulto pode valer. Ao primeiro pareceume Revlon cando se via verquer o chocolate nos moldes pero cando envolvian as pastillas de chocolate xa non era Revlon porque estaba robotizado todo na pelicula. E os Oompa-Loompa lembrabanme aos mexicanos: pequenos, traballadores, ledos e pillabans. Nada, que a pelicula fixonos pasar un rato agradable.

E iso e todo. Esperemos que Cris chegue sen problemas e que desfrute da familia e da boa mesa nesta epoca do ano.

Ata manha.

6 Comments:

At 11:48 PM, Blogger Veloso said...

O tamaño das botellas que aparecen na foto é moi considerable. Supoño que destes boa conta do seu contido. Un saúdo.

 
At 1:11 AM, Blogger Unknown said...

Ola, o outro día deixaches unha mensaxe no meu blog dicindo que en canto vira as fotos do teu, sabería quen es. Pois sigo sen sabelo. Xa me dirás. Un saúdo.

 
At 9:16 AM, Blogger Laurindinha said...

Non vin aínda a de Charlie, pero teño un recordo imborrable da súa lectura: tardes de colexio, merenda de nocilla, e chocolate abundante na fábrica do señor Bonka!

 
At 11:45 AM, Blogger eue said...

A min Bigh Fish gustoume moitísimo.
Tim Burton sempre me sorprende

 
At 2:58 PM, Anonymous Anonymous said...

Da gusto ver como disfrutáis da vida.
Bon viaxe a Cris y bon Nadal a todos.
Bicos.

 
At 7:17 PM, Blogger acedre said...

Veloso, as botellas eran normalinhas. Habia vinho branco de NY "Heron Hills" que non valeu muito. Tamen vinho tinto arxentino que vinha nun botellon de litro e medio e logo estaba o champan californiano que voou. Deixamos ao Pichu beber unha copa (ten 15 anos) facendolle prometer que non nos denunciaria a policia, he, he.
Satine, Cris non marchou triste. Na terrinha ten a Tonho e a sua familia e botaos en falta.
A pelicula gustoume pero creo que foi millor a de "Big fish" que e outro conto contado por Tim Burton e ademais no acento desta zona.
Dende logo, calquera das duas son boas e valen para miralas con nenos anque haxa que explicar detalles.
Laurindinha, eu non lin o libro pero imaxino que ha de ser unha delicia ben doce.
E tes razon, Muralla, procuramos desfrutar que os malos tempos venhen sen chamalos e gracias polos bos desexos.

 

Post a Comment

<< Home