Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: John Lenon e poliamor

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, December 08, 2005

John Lenon e poliamor



Hoxe cumprense vintecinco anos do asasinato de John Lenon. Na foto esta Cris no lugar exacto dese asasinato. Fixemos a foto en setembro do ano pasado cando topamos o sitio por casualidade paseando polo arquifamoso Central Park.

As emisoras de radio estaban hoxe todas co esa noticia e puxeron bastante musica dos Beatles.

Na radio en espanhol falaron do poliamor, un tipo de relacion amorosa que esta rachando cos pinheiros na cidade onde mataron a John Lenon.

Andei a consultar ao meu informador google e comprobei que tamen hai asociacions poliamorosas en Brasil e outros paises e ata hai unions civis de mais de duas persoas.

Eu non entendo muito disto do poliamor (suponho que serei curto de miras ou vou vello) pero creo que calquera persoa tera unha preferencia por outra persoa en concreto que sera o numero un por pouco ou muito tempo e o resto das persoas do poliamor seran mais ou menos queridos e amados pero non deixaran de ser secundarios. Vamos, iso opino eu. Polo menos e o que creo que me aconteceria a min de estar metido nesta movida.

E isto e o que ponho hoxe. Outro dia falarei de agasallos e de costumes de Nadal.

9 Comments:

At 3:12 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Disque é unha alternativa á monogamia. Lin que na Sociedade Moso, as mulleres poden cambiar de amante cada noite, emparellarse por amor ou por gusto sen que o matrimonio sexa unha institución na súa comunidade.
É un estilo de relación diseñado por quenes se consideran capaces de amar a máis dunha persoa.
:)

 
At 6:21 PM, Blogger Colazo said...

A metade desta publicidade http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=46451
para o meu blog é grazas a ti
:-)

 
At 4:19 AM, Blogger llll said...

encántame ese nome que lle puxeron ó virus que mata ás árbores. tes razón, é unha metáfora daquel que vai querendo por aí a todos, pero despois déixaos colgados, e os seus abandonos esmorecen.voucho tomar prestado para un conto. podo?

 
At 6:55 AM, Blogger Asturcon said...

Que tal!!!

Oooye Acedre... queria que pasares por el miu blog si pudieres ya que gustariame tener la tu opinion sobre algo que disgustome mucho.

Un saludin del asturianu floridanu.

 
At 7:04 AM, Blogger acedre said...

Cadaquen ten a sua personalidade e todos sabemos que e complexa, que cada persoa e un mundo e como tal ten dias bos e dias malos. Hai alguns que se conforman cun amor, outros que o tenhen dificil anque sexa un amor so(pico xeado), outros que son ou serian capaces de amar a mais dun e logo hai outros que ata matarian o seu amor ou o seu idolo coma no caso de John Lenon.
Dende logo despois do amor ven o desamor (coma nos lembra Sara Jess)... e as suas consecuencias.

Por certo, "rachar cos pinheiros" e unha expresion da minha zona que ven dicir que unha cousa pega forte, que esta de moda ou en castelan que "rompe con la pana".

Calquera pode empregar as minhas palabras (poden as palabras ter dono?) e as minhas imaxes como mais lle praza e se serve para un conto millor que millor que me encantan.

Outra cousa, gustame saber que gracias a minha intervencion indirecta o amigo Colazo obten publicidade en Vieiros.

E mais nada, gracias polos comentarios e por perderdes un anaco do voso tempo lendo o que eu escribo.

 
At 11:54 AM, Blogger Laurindinha said...

Penso que mentres un non teña parella é bo sementar, vivir tódalas paixóns... mais eu penso que si te namoras, a min seríame imposíbel practicar o poliamor...

 
At 1:36 PM, Blogger torredebabel said...

coido que son vella tamén. So teño un home, desexo (e traballamos) cada día que sexa para a todala vida, ainda que sei que o divorcio é cada vez mais popular... iso que ten a vida. Apertas!

 
At 8:13 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Unha cousa amigho!!! O lugar da foto non é o punto exacto onde asasinaron a Lennon, senón un mural en Central Park, nos Strawberry Fields. A Lennon matáronno diante do edificio Dakota cando entraba no seu domicilio.
;)
(E que son un Beatlemaniaco!)

 
At 8:24 PM, Blogger acedre said...

Gracias por corrixirme, Kiko.

 

Post a Comment

<< Home