Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Kwanzaa e o Olentzero

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, December 22, 2005

Kwanzaa e o Olentzero


Hoxe foi o meu ultimo dia de choio en Revlon e o ultimo de Ana no instituto. Ana fixo unha paparotada cos seus alumnos con cousas de comer que trian das casas. Ana levou unha tarta de maza e unhas "cookies". E pasaronno ben que estes dias de comer muito e traballar pouco agradecense. Na foto esta Ana con varios alumnos. Ana e branca e hai outra alumna na dereita da foto branca tamen. A que parece branca e esta na esquerda e albina. Eu non sabia que habia diso entre os negros pero parece ser que si hai. Os irmans dela din que ela e a ovella branca da familia e non estou bromeando.
Esta epoca e a do Nadal e tamen tenhen os negros unha festa que se chama Kwanzaa e que foi creada nos EEUU non hai muito tempo atras. Por aqui non a celebran pero semella que se celebra noutros lugares.
Os vascos tenhen o seu carboneiro que mira no lume os nenos que se portaron ben durante o ano e levalles agasallos. Este carboneiro chamase Olentzero e neste Nadal estrease unha pelicula sobre el.
Os galegos poderiamos ter unha personaxe destas, propia e enxebre...pero creo que a monarquia dos Reis Magos ainda vai durar e o rival que tenhen e que ven con forza e o Pai Nadal, Papa Noel ou Santa Claus. Crear agora outra personaxe seria un traballo inutil. Bueno, iso penso eu.
E xa remato dicindo que Ana, o Colin e mais eu marchamos manha cara a peninsula da Florida, na busca dunha pouca calor e para conhecer esa zona. Asi que non van haber posteos estes dias ata fin de ano.
Desexovos a todos boas festas e un bo comezo de ano.
A cuidarse e a disfrutar.

13 Comments:

At 2:33 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Disfrute de cada momento e sexa feliz na compaña dos seus...
Un BeiJo para un (para vostede, para Ana e para Colín).

 
At 2:34 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Disfrute de cada momento e sexa feliz na compaña dos seus...
Un BeiJo para cada un (para vostede, para Ana e para Colín).

 
At 3:38 AM, Blogger nenodanorita said...

Que o pasedes moi ben na Florida, xa sabedes que estarei por ahí perto, en N.Y., así que doubos relevo no frio...

Cos mellores desexos, unha apreta na distancia.

 
At 5:46 AM, Anonymous Anonymous said...

Que o pases moi ben, acedre. Felíz Nadal para vós e o todo o mellor para o Ano Novo 2006 desde este curruncho de Galicia.

 
At 2:12 PM, Blogger Laurindinha said...

Bon Nadal!!! Impactada co da "ovella branca"... debes estar bastante impactado coas cousas que ves por aí (iso non sae nas series de tv). Un saúdo!

 
At 3:13 PM, Blogger Paco Penas said...

Pasao ben, disfruta de cada minuto...e non esquezas a cámara de fotos na casa.
Boas festas do Nadal e que o ano 2006 sexa unha lumieira de luces e amores.

 
At 4:56 PM, Blogger torredebabel said...

que teñades os tres unhas lindas festas e van apertas cálidas dende un pouco mais ao sur!

 
At 9:03 AM, Anonymous Anonymous said...

boas festa e feliz aninovo!
tamén eu quedei alucinado coa alvina ...
pero o q son as cousas:
lembreime dun episodio de expediente x (non vos riades ...) onde aparecia unha personaxe albina-negra. ao final, vai ser, que o mulder era realmente intelixente ...

 
At 11:06 AM, Anonymous Anonymous said...

Disfrutai todo o que poidais que o novo ano os deixe muita felicidade.
Bicos e sol.
Carmiña.

 
At 12:20 PM, Blogger Asturcon said...

Feliz Navidad!!!

Pasailo bien per estes tierrines Floridanes... Y si pasais por Lakeland acordaivos de esti asturianin emigrau en aquestos lares :)

Hasta pronto.

 
At 12:52 AM, Anonymous Anonymous said...

Bo Nadal e feliz aninovo para vôçé e maila parenta. Alí nom terá cava catalám para passar do boicote? :-D

 
At 11:19 AM, Blogger Kiko Novoa said...

Unha branca, pardiez!!!! Lembro un titular de CQC no que aparecían tipos do Ku Klux Klan e un pé de foto que dicía: "Semana Santa en Alabama". En fin, paz e amor, amigos!!
E Bó Nadal!!!!
Ou God Jul, como din os suecooooos!!!

 
At 12:30 AM, Anonymous Anonymous said...

boa entrada no 2006 e bo paseo por Florida

 

Post a Comment

<< Home