Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Mudanza

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Saturday, December 10, 2005

Mudanza



Onte a tarde estivemos axudando aos amigos arxentinos na mudanza da casa. Hai que ver canta cousa se xunta !. E asi botamos a tarde e o seran. Despois de cear estiven co ordeador pero Pedrochosco podia mais ca min e fun para cama sen postear. Espero que me perdoes.

Hoxe fomos pola nova casa e fixen esta foto no novo sofa da nova casa que ten unha luz que resucita un morto. A casa e preciosa e a luz e de premio. Despois deixamos aos arxentinos co choio que tinhan e fomos ao Triangle que desbordaba coa xente facendo as compras do Nadal. Esta todo adornado e soan panxolinhas todo o tempo. No centro estaba Papa Noel escuitando o que pedian os nenos. E aproveitan este costume os organizadores tirando unha foto que suponho que cobraran ben aos pais do pequeno. Logo fomos a un Whole Foods e a un Dollar Tree onde as cousas valen todas a un dolar, todinhas. Bueno a un dolar e sete centavos que as cousas tenhen un prezo no anaquel e logo engaden as tasas que son un sete por cento. E despois para casa que fai muito frio. Ana esta facendo "scrapbooking" co que mercou no Dollar Tree, Cris esta mirando a tele e o Colin durmindo despois da cea.

Ata manha.

6 Comments:

At 2:45 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

As mudanzas..., eu en 5 anos vivín tres. Estou de acordo con Satine que é un bo momento para facer Feng Shui, para renovar enerxía. Nestas tres últimas mudanzas non tiven casi axuda e garántoche que foron tres grandes exercícios de responsabilidade das propias cousas (que por certo fortalecen moito).
Son intres de intercambio co espacio (nos influimos nel e el en nos). O meu balanza coas mudanzas é positivo, agotador iso si, mais unha auténtica delicia.
:)

 
At 2:48 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Quixen dicir o meu balance, ainda me acabo de erguer e parece que sigo a durmir...
:)

 
At 2:29 PM, Anonymous Anonymous said...

Nas mudanzas é cando nos damos conta de todas as cousas innecesarias que vamos atesorando...
Bicos. Carmiña

 
At 3:02 PM, Blogger torredebabel said...

sintoo, pero eu odio as mudanzas. Penso que é porque a última a fixen cun mebarazo de 6 meses e todo foi todo foi lento, infinito, pesado e poboado por unha inundación de cousas innecesarias que pasaron de ser posesións a ser lixo. Apertas!

 
At 3:36 PM, Blogger acedre said...

As mudanzas son un traballo lioso pero tenhen a contrapartida dunha nova vida.
Espero que lles vaia ben aos meus amigos na sua nova casa.

 
At 3:58 PM, Blogger Paco Penas said...

Eu pola minha experiencia en mudanzas xa podía montar unha empresa.
Saude e moita fertilidade :-)

 

Post a Comment

<< Home