Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nadal mexicano

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Sunday, December 11, 2005

Nadal mexicano



O outro dia consultei a minha companheira Sandra sobre o Nadal en Mexico e practicamente coincide co noso. Tenhen Reis Magos , musica de Nadal , Nacementos e comen uvas da sorte. Cambia en que tenhen o costume das "posadas" que vai a xente en procesion coas figuras da Xesus, Maria e Xose pedindo pousada pola vila. Hai casas que os acollen por unha noite e hai festa e comida para os da procesion. Asi por varios dias antes do 24 de decembro no que xa dormen as figuras na igrexa. A cea de Noiteboa non ten marisco pero si pavo. Non hai torron, nin manteigados nin as larpeiradas tan tipicas que temos nos. No fin de ano queiman un moneco que representa o ano vello e no seu lugar ponhen un novo moneco que sera queimado no final do seguinte ano. Logo hai xente que pasea maletas arredor da casa para que o ano novo sexa de muitas viaxes.

Isto dos costumes e curioso e aqui podes ver distintas formas de despedir o ano vello polo mundo adiante.

Agora vou cear que cheira a pulpo. Ata manha, se non hai novidade.

7 Comments:

At 10:52 PM, Blogger Marinha de Allegue said...

En esencia sómosche ben parexos...
:)

 
At 12:11 AM, Blogger Veloso said...

Para min é máis hora de café que de pulpo; cousas da diferencia horaria. Non ides vir á terra polo Nadal?

 
At 3:51 AM, Blogger Laurindinha said...

Adoro as costumes mexicanas... quédome cos seus altares funerarios, auténticas obras de arte...

 
At 8:15 AM, Anonymous Anonymous said...

O costume máis laborioso que vín foi a dunha familia de Colombia que facían unha especie de natillas o día de Noiteboa e había que remexelas tanto que lle daban voltas e voltas desde a primeira hora da mañá case até a hora da cea. E curioso ver costumes tan diversas.

 
At 3:02 PM, Blogger Vicente said...

Eu tamén fixen algo de enquisa cos meus alumnos de diferentes paises e a globalización é total.

 
At 4:00 PM, Blogger torredebabel said...

en Bos Aires, nos temos o Nadal galego pero con o clima do verán. Cousas da emigración...

 
At 6:38 PM, Blogger acedre said...

Os mexicanos tenhen unha cultura rica, mistura dos indios e dos criollos. A min estame alucinando o que aprendo desta cultura tan viva. Tenhen comidas elaboradas con productos tipicos da zona e no plano relixioso son mui devotos e fan unhas celebracions multitudinarias e repletas de costumes. O seu dia de mortos cos seus altares e figuras son mui conhecidos (como ben apunta Laurindinha). Esa cultura criolla extendese por todo o continente e hai exemplos en todolos paises (todo terreo lembrans o das natillas colombianas de Noiteboa, que eu non conhecia).
Pouco a pouco tendemos a homoxeneizar costumes pero muitas tradicions mantenhense e neganse a desaparecer...e que asi sexa por muito tempo.

 

Post a Comment

<< Home