Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Nomes familiares mexicanos

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Wednesday, December 07, 2005

Nomes familiares mexicanos


Estes dias falase de nomes de vacas e de nomes de persoas. Hai un tempo topei este artigo onde se fala dos nomes familiares de persoas. Hai unha variedade grande onde aparecen alguns simpaticos como o de Pepino, Chucho (eu conhezo un), Memo, Poncho e Cuca. Falta Polo que e o nome hipocoristico dun que traballa no lixo en Revlon e que se chama Leopoldo.
Outro dia falarei dos nomes americanos que os negros tenhen nomes curiosos e costumes interesantes como porlle nomes case iguais a irmans e mais se son xemeos. Asi Ana ten alumnos que son Jamar e Hamar e outros polo estilo que a min semellame falta de orixinalidade e posibilidade de confusion e senon lembra os famosos Zipi e Zape e dime cal e o moreno e cal e o loiro.
Outra cousa: puxen unha ligazon a Picara de Allegue que escribe ben e de maneira positiva e chea de vida.
Ata manha.

7 Comments:

At 1:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Sonche ben interesantes os estudos dos nomes.Estes imprimen carácter e acompáñannos, máis é unha enerxía recíproca que nos temos o poder de mutar (non che é o mesmo chamarse Dolores que Lola).Esta influencia contáxiase aos nomes dos pobos, ou incluso aos nomes das rúas.Vivir no nº7 da rúa Melancolía...
:)

 
At 2:13 PM, Blogger hojasdehierba said...

De todo hai... onte entereime dun par de irmáns que se chaman Cristian e Cristofer. E nin son mexicanos nin nada ;-)
Unha aperta.

 
At 4:08 PM, Blogger mariademallou said...

de todo hai si,unha vez contáronme un caso de dúas irmáns, xa maiores, que se chamaban a máis vella primera e a máis nova segunda. a veces a xente ten cada idea...
saudiños!

 
At 4:41 PM, Blogger torredebabel said...

coido que a falta de orixinalidade é tan mala como a moita orixinalidade. Así, hai unha chea de irmás chamada María tal e María cal ás que todos chaman polo tal e polo cal como tamén hai quen ten un nome na casa e outro fora. Tiven fai tempo unha compañeira de escola chamada Ana Lía (non Analía, senón Ana Lía). A nai puxéralle eses nomes furiosa porque o Leila non estaba permitido. E a rapaza era Leila na casa, Ana Lía nos papeis e documentos, e Analia para todos os que non leramos o nome composto. E a coitada respondía a todos eses nomes...

 
At 6:57 PM, Blogger acedre said...

Os nomes son ben curiosos, tendes razon. E non vos pasa que asociades un nome co tipo de persoa?. Por exemplo, a minha experiencia cos chamados Eloy e mala, ou sexa, cainme mal os Eloy que conhezo e habia un amigo meu co ese nome que tivo problemas sicoloxicos e rematou suicidandose. Foi unha historia ben triste.

 
At 2:47 AM, Anonymous Anonymous said...

Hai tempo lín un artigo sobre os nomes que poñían na República Dominicana. Un caso curioso foi o que lle puxo nome ao fillo despois de mirar o calendario. O rapaz chamouse Nolaborable Perez....
Velaquí o artigo que acabo de atopar:
http://www.unidadenladiversidad.com/actualidad/actualidad_ant/2000/noviembre00/actualidad_291100_03.htm

 
At 6:26 AM, Blogger Laurindinha said...

Eu coñecín a dúas irmás que se chamaban Mónica e Verónica... e aínda máis extraño resulta o nome dun neno da miña aldea: Brian, que por riba fala un galego precioso...

 

Post a Comment

<< Home