Primeira neviscada

Onte luns foi un dia miserable cunha chuvia constante e fria. Pola tarde quedamos na casa que non nos apetecia ir ao YMCA. O malo foi que co este tempo a interrede ia lentisima ou directamente non ia e non puiden postear nin cheirar blogos nin nada. Tenteino varias veces e ao final puxenme a facer sudokus que non tenhen problema electronico ningun. Tamen aproveitamos Ana mais eu para escribir postais de Nadal para a familia e amigos.
Hoxe martes cando me erguin para traballar topei o coche asi como esta no foto: cuberto de auganeve. Os tellados e os coches estaban branquinhos todos pero as estradas e demais superficies estaban sen neve. Foi resultado da ultima chuvia da noite que virou para nevisca e que durou ata que sairon os primeiros raios de sol.
O resto do dia foi normal e agora vou engadir ligazons: oollodavaca, que ten un posteo curioso sobre nomes de vacas galegas; cartafol de silencios, que me ligou a min; a cabaseira (polo mesmo motivo), o mestre culinario Colineta e o persebeiro onde falan autenticos persebeiros do Roncudo.
Manha a ver se posteo.
7 Comments:
Pois aquí temos sol. Non é que quente moito, pero alegra o día. Dentro de media hora marcho para Silvaoscura. Pasarei alí a ponte, festexaremos o santo da miña avoa e pasearemos polo monte coa cadela Killer Barbie. Un saúdo.
Pois tíñache que estar todo ben bonito non si?.
O frío conserva polo tanto Beleza pura...que cantaba Caetano veloso.
:)
Este nadal vou para ahí, e xa se me pon o corpo neghro de pensar no friu que vou pasar, quen me mandará a min facerlle caso a todo o que di a mi santa...
pois acá, mais abaixo ainda, o día trouxo sol e vento, unha linda parella nestes tempos de calor. De neve, en Bos Aires non temos noticias pero coido que un pouquiño mais abaixo ainda témola e moi linda. Apertas acedre!
Estaba bonito o que estaba nevado. Sempre me gustaron as paisaxes nevadas. O malo e o frio que fai.
Gracias polos comentarios, que tenhades bos paseos campestres (veloso), que non pases calor (torredebabel), que o frio ou a calor te conserve como boa escritora (marinhadeallegue), que a viaxe de Nadal non se fastidie co frio (tes que dicirme a onde vas nenodanorita) e que tenhas un bo seguimento do actor-persebeiro que eu tamen vou seguir (sarajess).
Acedre. Gracias polos teus aloumiños.
:)
Estarei a última semana do ano e a primeira do seguinte en NY
Post a Comment
<< Home