Santa Lucia
Hoxe e Santa Lucia: mingua a noite e medra o dia.
Santa Lucia e avogosa da vista. Hai oficios e profesions que a tenhen de patroa. Costureiras, oftalmologos, taxistas e canteiros. E diras, canteiros por que?. Pois porque traballando a pedra acostuman saltar pedrinhas que son ben malas para os ollos. Asi hoxe non traballan os canteiros e hai uns anos cando andaba eu a facer casas de granito tampouco traballei este dia.
E curioso isto dos santos e santas que son bos para determinados asuntos. Segundo parece son os restos dun politeismo anterior ao cristianismo e malamente adaptado ao cristianismo cunha capa de pintura fina e que, se rascas un pouco, aparecen as antigas crenzas tan arraigadas no pobo.
E co este comentario sobre unha santa espero non volver tocar o tema da relixion por un tempo que este blogo xa ia semellando un libro de relixion.
Desexo unhas xidoas romanchas e un feliz aniversario a meu pai.
Ata manha.
7 Comments:
As casiñas de granito son coma as que debuxa a miña nai nos papeis,é o seu debuxo favorito e fainas con todo tipo de detalles: o carreiro , o pozo, a árbore todiño como ben lle sensinaron na escola en Debuxo libre...
PARABENS para o teu pai!!.
Un beijo.
:)
E lamentablemente mataron na California a un preso claramente "rehabilitado". Pensei no teu blog, e pregunteime que sensación debe ter un galego, un europeio, vivindo nun estado (dos moitos) de eeuu que "administra" a pena de morte. E outra pregunta, como se viviu esta traxedia (na miña opinión) nos medios de comunicación)?
o anónimo son eu, pacino (o formato de comentario do Blogger non me é moi familiar, disculpa)
Parabens para o teu pai!!! e tes razón, deixa a relixión por uns días que eu, polo menos, non terei morriña dela. Apertas!
O asunto de California estivo estes dias nas televisions. Creou controversia porque ese home estaba rehabilitado (como aclaras, Pacino) e axudaba a mozos para non cair nas mans de pandas xuvenis. Houbo xente protestando e o axusticiado foi candidato a Nobel da Paz. De nada valeu. O Gobernator de California non tivo compaixon e deulle o xeringazo.
A min este tema desconcertame. Un pais supostamente civilizado, occidental, moderno e con este nivel de vida e ainda andan co estas leis de tempos barbaros ou de dictaduras. Eu xa falei da pena de morte no meu posteo do primeiro de decembro e o Colazo (http://colazo.blogspot.com/) tamen fala do caso de California hoxe e podes consultar o que pensamos sobre o tema.
Espero que esta vergonza dos asasinatos institucionalizados remate e, de feito, cada vez mais norteamericanos estan en contra.
Un saudo.
graciñas pola información ;)!
Ante todo muitas felicidades o teu pai.
Non sabía que Sta Lucia era patrona dos canteiros...
Bicos.
Post a Comment
<< Home