Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Situandose no vacamundi

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Thursday, December 15, 2005

Situandose no vacamundi



Hoxe choveu xeo de manha e as mozas tiveron alguns problemas conducindo que a chuvia conxelabase no parabrisas. Cando cheguei a Revlon e apaguei o coche a antea non recollia que estaba conxelada. Deixeina asi e co trascorrer do dia e a suba das temperaturas, a antea volveu ao seu sitio. E o dia foi chuvinhento e miserable pero estamos no inverno e o tempo e asi.

Cambiando de tema dicir que no blogomillo estan na busca de blogos galegos ou en galego e en Lantania xa tenhen un mapa cun bo feixe de blogos localizados. Tamen dicir que Calidonia fixo a sua busca e ten unha listaxe de blogos ben interesante. E gracias a Lantania topei unha vecinha que ten un blogo e poreime en contacto co ela. Vai levar unha sorpresa ben grande. Podo dicirche que ten unha cadelinha e querian cruzala os pais da rapaza co Colin pero todo quedou en nada. Ou sexa, que iamos ser familia e todo. E falando de Colin topei un agasallo para el: un telefono movil para que non se perda e eu poida falar co el. Non vou mercalo que ainda non saiu ao mercado. Outro posible agasallo (descuberto gracias a El Ninho de la Guia) poderia ser un disfraz para can pero xa pasou o Halloween e o Colin arrinca todo o que se lle ponha enriba. Ao final vai levar un osinho de vaca e chegalle ben.

E iso e todo por hoxe. Unha proposta para o ano que vai comezar: a ver se enchemos o vacamundi de blogos galegos.

8 Comments:

At 1:01 AM, Blogger hojasdehierba said...

Vaia, se chegarades a cruzar a Colin coa cadela seriades algo así como consogros ¿non? ;-)
Unha aperta.

 
At 2:35 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Pois os osiños de vaca sonche ben feitos...
Unha aperta para Colin e outra para ti.
:)

 
At 2:40 AM, Blogger Veloso said...

Polo que vexo, somos moitísimos na comunidade blogueira. É moi boa nova. Fermosa vaca, por certo. Boa fin de semana.

 
At 12:47 PM, Blogger torredebabel said...

o mellor agasallo deste nadal é que o nome do meu blog estea na lista da comunidade blogueira en galego. Gracias!!!! e apertas, acedre!

 
At 1:26 PM, Blogger acedre said...

Hojasdehierba, eu penso que seriamos CANsogros, he, he.
Marinha de Allegue, eu non pensara nesa vaca para Colin pero ben poderia valer.
Veloso, somos muitos e vai a mais. Por certo, a ti situaronte por Vigo e non por terras do Douro.
Torredebabel, ben pouco pides. Estas na comunidade blogueira por merito propio. Ti mereces un premio maior pero xa quedei sen ideas.
Gracias a todos e a disfrutar esta fin de semana !!.

 
At 2:39 AM, Anonymous Anonymous said...

Ainda que o meu blogomillo non seña en galego, está escrito desde o fondo dun corazón galego cheo de morriña...
Ay qué vaquiña!!!
Un bico para Colin e unha galleta de can.
Bicos. Carmiña.

 
At 11:08 AM, Anonymous Anonymous said...

Só faltaría que lles puxera un gps a todo o mundo ;-)
En caso de erros graves, pois un comentario basta para situar a calquera onde o seu corazón cabile que está mellor situado sobre o mapa.
E gracias polos comentarios.
Veloso se anda pola Terra do Douro eu póñoo encantado da vida.
U-lo?
E aos que non escriben en galego e son da Galicia?
Caledonia ten ingresado a moitos na sua listaxe, en galego e en castelán.
Eu de momento só vou colocando aos que sitúo sobre as bases de datos que manexo.

 
At 11:55 AM, Blogger llll said...

qué nomes terán as vacas do teu exilio?

haberá algunha Mrs. Bush?

 

Post a Comment

<< Home