Adopta a tua mascota de balde
eueoseeuu: Virgen de Guadalupe

eueoseeuu

Estou de paso nos EEUU e quero reflexalo nalgures.

Monday, December 12, 2005

Virgen de Guadalupe

Hoxe e festivo en Mexico. Millons e millons de persoas alaban a Virxe de Guadalupe no seu dia. Sandra faloume da aparicion da virxe ao indio Juan Diego en 1531 e de como montaron o santuario. Foi un 12 de decembro e neste dia cantanlle as "Manhanitas" e a "Guadalupana" e millons de persoas van ao seu santuario.
Estes mexicanos non deixan de abraiarme coas suas tradicions.
Tamen falamos dos chupacabras entre outros temas.
Menos mal que esta Sandra para falar co ela que se non durmo co choio tan aburrido de colocar chapinhas na cinta.
Ata manha.

8 Comments:

At 11:46 PM, Blogger Veloso said...

Polo que se ve, o do chupacabras é unha tradición case universal. En Galicia temos o sacaúntos, do que fala, entre outros, Suso de Toro. Tamén lembro un personaxe parecido na novela "Lituma en los Andes", de Vargas Llosa. Supoño que será unha representación do mal, do perigo, do medo que teñen todas as sociedades ao descoñecido. Un saúdo.

 
At 7:33 AM, Blogger Laurindinha said...

A cultura mexicana sempre tan atraente...

 
At 8:01 AM, Blogger Marinha de Allegue said...

Comparto opinión contigo Laurindinha.
:)

 
At 2:43 PM, Blogger torredebabel said...

México é un dos países mais marabillosos do mundo... ben o sabemos os arxentinos.

 
At 5:39 PM, Blogger hojasdehierba said...

Por aquí tamén hai unha Guadalupe de sona... pero non sei se se celebraba hoxe.

 
At 8:13 PM, Blogger acedre said...

O famoso chupacabras e un misterio coma o bigfoot e non sei se seran de verdade ou obra de bromistas.

A cultura mexicana e rica e cada dia descubro algo novo. Que cousas...vir aos EEUU para aprender cousas de Mexico. Pero todo o que sexa aprender non esta mal, non e ?.
Saudos e gracias polos vosos comentos.

 
At 2:21 PM, Blogger hojasdehierba said...

Adoita a pasar, acedre. Un bo amigo meu foi traballar un verán a Suiza e voltou falando portugués ;)
Unha aperta.

 
At 7:51 PM, Blogger acedre said...

Ese caso faime lembrar a uns nenos de pais galegos que estan na Suiza e so saben falar italiano e galego.

 

Post a Comment

<< Home