25 decembro: St. Pete, Tampa e St. Pete de volta
Comezou o dia chuvinhento e fomos en coche ata a ponta da praia de St. Pete. Volvemos ao centro da cidade e so habia vagabundos pola rua. Decidimos tirar cara Tampa e fomos por unha ponte que tinha espigons paralelos para pescar.

Volvemos para o hotel e deixamos o can ali e fomos a praia. Despois dun chisco fuximos que apareceu a chuvia outra vez. Recollemos ao Colin e fomos a un parque no lago Seminole (nome dos indios da zona) onde tirei a foto do cartel proibindo darlle de comer aos cocodrilos. Despois fixose noite e collemos para cear algo nun restaurante chines (case os unicos que abren nunha data asi).
En fin, un dia tristeiro nun hotel feo que non recomendo a ninguen.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home